El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Nacional

GALICIA | SECTOR FORESTAL

A Xunta destina máis de 11 millóns para "mellorar tecnoloxicamente" o sector forestal

07-06-2019 18:54:49
Feijóo visitó as instalacións de Finsa.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta seguirá acompañando ao sector forestal cunha achega de máis de 11 millóns de euros neste 2019 para modernizar maquinaria, mellorar tecnoloxicamente os seus procesos e produtos e ofrecer formación especializada.

Durante unha visita ás instalacións de Finsa, Feijóo destacou os bos rexistros que está marcando esta industria en Galicia, que supón máis de 20.300 empregos directos, e que vén de acadar cifras récord: superando en 2017 os 2.240 millóns de euros de facturación; e superando, ese mesmo ano, os 8,5 millóns de metros cúbicos de madeira cortada.En 2018, Galicia liderou, xunto con Cataluña, as exportacións do sector da madeira, con máis de 1.000 millóns de facturación. E, só no primeiro trimestre de 2019, xa ten exportado un 5,7% máis que no mesmo período do ano anterior.

Así mesmo, fixo fincapé no potencial desta industria, na que empresas como Finsa están abrindo camiño. Non en van, trátase dun sector extenso, por todo canto abrangue a cadea monte-industria e que tanto se pode vincular a todo o relativo coa primeira transformación da madeira, como ás enerxías renovables ou ao deseño en madeira a través do contract”, sinalou. 

Innovación e formación 

Sobre este punto, referiuse a Financiera Maderera S.A. como unha empresa tractora. Así, Finsa é na actualidade a maior empresa do sector da madeira en España e unha das maiores de Europa que: conta con 12 plantas -5 delas en Galicia-, dá emprego a máis de 3.000 persoas –o 50% en Galicia-, o seu volume de negocio anual chega case aos 1.000 millóns, e ten presenza internacional en 83 países. “Unha empresa tractora nun sector vital para a economía galega”, abundou. 

Ao longo da visita, o responsable do Goberno autonómico aseverou que as cifras que está acadar esta industria son froito ademais do esforzo compartido coa Administración autonómica, lembrando a posta en marcha da Axencia Galega da Industria Forestal, unha canle directa para xestionar e atender os desafíos do sector. 

Nesta liña, aseverou que non hai máis que botar unha ollada aos proxectos nos que, neste momento, traballa esta empresa para facerse unha idea de cales son os retos de futuro nos que está inmerso o sector. Ao respecto, e co obxectivo de incorporar as tecnoloxías dixitais propias da Industria 4.0, lembrou que Finsa, coa axuda do programa Fábrica Intelixente da Xunta, está desenvolvendo un proxecto para dixitalizar as súas plantas. Un proxecto que lle vai permitir: aumentar a produtividade máis dun 15%; mellorar a eficiencia no contorno do 15% e incrementar o volume de negocio en máis do 10%. 

No tocante ao reto da I+D+i, explicou que esta empresa, ademais de contar cun departamento específico e cunha área de enxeñaría onde concentra todo o labor de investigación e de desenvolvemento de novos produtos, esta a desenvolver xunto coa USC e o Instituto Pemade (Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural) do Campus de Lugo, unha Unidade Mixta onde se investiga sobre o emprego da madeira como elemento construtivo, máis aló do seu valor estético ou ornamental. “Unha liña de traballo que, agora, seguiremos promovendo desde a Xunta a través de novas medidas que impulsará a Axencia Galega da Industria Forestal”, aseverou. 

Por último, e en relación á formación, Feijóo recordou que ademais da elaboración dunha Estratexia de formación específica para o forestal, co fin de formar a máis de 5.300 alumnos, en 62 centros de formación que impartan certificados de profesionalidade, a Xunta conta con iniciativas como as Unidades Formativas en Empresas, un programa pioneiro de formación á carta.

www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias