El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

BANCA

ABANCA abre nova etapa en Portugal

12-06-2019 12:01:00
Oficina de ABANCA.

ABANCA deu un importante salto en volume de negocio e implantación no mercado portugués tras a finalización da integración de Deutsche Bank PCB Portugal, entidade cuxa adquisición anunciouse en marzo de 2018. Unha vez completado o proceso durante este fin de semana, con total normalidade e sen impacto sobre o servizo aos clientes, o banco abre unha nova etapa no mercado portugués. ABANCA conservará as fortalezas do negocio adquirido, como o seu posicionamento e prestixio no segmento private banking, e potenciará as súas capacidades operativas e de negocio en áreas como a banca de empresas, os seguros ou a banca dixital.


Negocio de calidade

Tras a integración, ABANCA xestiona en Portugal un volume de negocio de 7.363 millóns de euros (máis de 82.000 no conxunto de España e Portugal): 4.065 millóns de euros en recursos de clientes e 3.298 millóns de euros en crédito. Estas cifras sitúan a ABANCA como décima entidade financeira do mercado portugués tanto por recursos de clientes como por crédito. ABANCA é ademais a primeira entidade en advisory banking. A entidade presta servizo a case 79.000 clientes (particulares e empresas) a través dunha rede comercial formada por 70 puntos de venda nas principais localidades e centros económicos de Portugal.

En Portugal ABANCA conta cun equipo local formado por aproximadamente 500 profesionais de gran experiencia no segmento de clientes de alto valor. A xestión do negocio e a toma de decisións desenvolverase desde Portugal a través dunha estrutura de órganos de goberno autónoma dentro do grupo ABANCA.


Proceso de integración

Todos os clientes reciben xa servizo desde a plataforma ABANCA en condicións de plena normalidade. A integración, que se desenvolveu sen impacto para eles, alcanza ao 100% das aplicacións, servizos e centros. Mediante a medición de 1.109 parámetros verificouse unha calidade do 100% no traspaso da información. Por parte de ABANCA o proceso foi executado por un equipo de 430 profesionais, que en conxunto investiron un total de 290.000 horas de traballo. Todos os puntos de venda e sedes corporativas mostran xa a marca ABANCA, que foi implantada en 2.500 soportes corporativos por un equipo de 100 persoas durante o fin de semana.

A integración conserva as fortalezas dun negocio diferenciador no mercado portugués, especialmente no segmento investimento. Os seus principais atributos neste campo son a súa posición de liderado na comercialización de fondos internacionais (cunha cota de mercado do 35%), a arquitectura aberta con acceso a 856 produtos das principais xestoras e os seus acordos con entidades de primeiro nivel mundial.

Grazas á súa incorporación ao grupo ABANCA, os clientes, tanto particulares como empresas, benefícianse xa de importantes vantaxes, como o impulso ao financiamento dos seus proxectos, un amplo catálogo de produtos financeiros e de seguros, novas capacidades de operatoria dixital, atención por equipos especializados, etc.


ABANCA en Portugal

ABANCA confire a Portugal especial importancia nos seus plans a longo prazo polo seu papel esencial dentro do mercado ibérico e a súa interrelación económica con España, así como polo seu valor no ámbito das mellores prácticas en banca privada e o seu carácter de referencia para o crecemento en España. A entidade, que dispón dunha experiencia previa de 19 anos no mercado portugués, fixouse como obxectivo para 2021 alcanzar un volume de negocio de 9.400 millóns e situarse como un dos bancos de referencia no país.

Para iso apoiarase nun modelo innovador e diferencial de éxito probado. As súas características principais son o coñecemento das necesidades do cliente, a combinación de atención persoal e banca a distancia (on-line e telefónica), o servizo a través de unidades especializadas, a sinxeleza e transparencia na contratación e xestión de produtos e servizos, e a orientación internacional, entre outras. Os públicos aos que se ABANCA dirixirá en Portugal son as empresas, en especial as que operan tamén en España, e os particulares do segmento private banking. Depatamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias