El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

FÚTBOL FEMININO NACIONAL

Galicia contará con 11 representantes a próxima campaña

02-07-2019 17:07:42

O fútbol feminino en Galicia continúa coa súa progresión imparable e na próxima tempada serán ata 11 os equipos da nosa comunidade que competirán en categoría nacional e dentro da nova estrutura aprobada pola Real Federación Española de Fútbol.

O noso máximo representante na denominada Primeira División Pro (antes Liga Iberdrola) será o Deportivo Abanca, quen da man de Manu Sánchez fixo historia este curso certificando por primeira vez a súa presenza na máxima categoría do fútbol feminino español. O bloque herculino será un dos 16 equipos que forman parte da elite do fútbol feminino nacional a próxima campaña, unha categoría que perderán os dous últimos clasificados ao peche da fase regular.

Na segunda categoría, que pasa a denominarse Segunda División Pro (con dous grupos, Norte e Sur), militarán outros dous equipos galegos, o Atlántida Matamá e o PM Friol, que estarán encadrados no Grupo Norte conformado por un total de 16 contendentes. Nesta Segunda División Pro descenderán os dous últimos clasificados de cada grupo para un total de catro e ascenderán á Primeira División Pro os dous campións de cada grupo (dous ascensos en total).

A terceira e última categoría nacional será a Primeira Nacional, que estará dividida en 7 grupos en función de criterios de proximidade. Os representantes galegos neste rango serán un total de oito e todos eles militarán no Grupo 1: Vitoria FC, Vitoria FC, CD Valladares, Sárdoma CF, Atlético Arousana, RC Deportivo de La Coruña B, Viajes Interrías FF e Umia CF.

Nesta Primeira Nacional non haberá ascensos directos cara á Segunda División Pro, debido a que estes sairán das eliminatorias nas que tomarán parte os sete campións de cada grupo máis o segundo mellor clasificado. En total ascenderán dous equipos a cada grupo (Norte e Sur) para facer un total de catro. Cabe destacar que todos os equipos teñen de prazo ata o 15 deste mes de xullo para formalizar a súa inscrición en estas categorías. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias