El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Deportes

A CORUÑA | TRAIÑAS

Riazor acolle esta fin de semana a III Bandeira Cidade da Coruña de traíñas

03-07-2019 16:58:02
Presentación da III Bandeira de traiñas.

A CORUÑA | Este fin de semana, A Coruña recibirá por terceiro ano consecutivo á liga Euskolabel, máis coñecida como liga ACT, así como á liga feminina Euskotren, que se disputarán a III Bandeira Cidade da Coruña, unha oportunidade para disfrutar da posta en escena das embarcacións vascas, cántabras e galegas de primeira división de remo nacional loitando por unha acreditación que os converta en gañadores dun campo de regateo que reproduce o traxecto que facían no pasado os mariñeiros para desenvolver a súa actividade pesqueira.

A alcaldesa Inés Rey destacou o interese desta competición por recrear aquelas rutas: "É moi simbólica e estamos encantandos de recibir o campeonato este fin de semana", sinalou a rexidora, que animou aos de fóra da Coruña a visitar a cidade con motivo deste acontecemento deportivo.  


Impacto económico 

Finalmente, é importante sinalar que o retorno económico que deixou a ACT na Coruña en 2018, segundo o estudo de impacto realizado pola escola de turismo, foi de máis de 1.000.000 de euros, tendo en conta a asistencia estimada dunhas 8.000 persoas, cunha estadía media de 4,31 días e unha media de gasto de 65€ por día. 

Ademais, segundo os datos achegados pola Euskal Label, a regata na Coruña acadou unha audiencia do 17,2% de share en ETB, feito que supón un grande impacto mediático do destino A Coruña en Euskadi, quinta comunidade emisora de visitantes a nosa cidade. Polo tanto, o interese turístico das competicións da liga ACT e de grande relevancia para consolidar A Coruña como cidade de celebración deste tipo de eventos. 

A Liga ACT naceu en 2003, tras o acordo acadado polos gobernos de Asturias, Cantabria, Galicia e Euskadi para apoiar e impulsar unha disciplina deportiva e histórica do norte do estado. Un total de 16 embarcacións, 12 masculinas e 4 femininas competirán desde o sábado ás 18.00 horas pola III Bandeira Cidade da Coruña na praia de Riazor. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias