El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Economí­a

GALICIA | COOPERATIVA AIRA

Aira aprobou as primeiras contas tras a fusión

05-07-2019 17:48:16

A cooperativa Aira vén de celebrar unha nova Asemblea Xeral Ordinaria na que se aprobaron as contas correspondentes ao exercicio de 2018. Trátase do primeiro exercicio completo de Aira tras a fusión das cooperativas, a cal iniciou a súa andadura o 1 de xaneiro de 2018. Logo de ano e medio funcionando a pleno rendemento, os temas centrais desta Asemblea xiraron ao redor das contas anuais, do informe de xestión do exercicio de 2018 e da presentación das liñas de acción e traballo para os próximos meses. 

O director xeral da cooperativa, Daniel Ferreiro, amosouse moi satisfeito cos resultados de 2018, ano no que, igual que aconteceu no 2017, as cifras finais melloraron as estimacións: “Seguimos a superar as previsións recollidas no plan de negocio para o período 2017-2019, desta volta ata acadar un 8 % de crecemento”, destacou. Así, Aira creceu no último período en todas as actividades (fabricación, comercialización, subministracións, servizos...) e o seu volume de negocio acadou os 107 millóns de euros e os 3,7 millóns de EBITDA. “Este forte crecemento e os bos resultados económicos permitíronnos elevar os niveis de investimento previstos inicialmente ata os 4,2 millóns de euros”, engadiu.

A entidade valorou moi positivamente, así mesmo, o notable crecemento no compromiso e a participación dos socios nas actividades desenvolvidas pola cooperativa e sinalou este feito como o punto dende o cal continuar traballando. “Sen dúbida estas son moi boas novas que nos proporcionan unha base sólida sobre a que seguir mellorando nos vindeiros anos”, dixo Ferreiro.

O director xeral adiantou tamén que, segundo os datos do primeiro cuadrimestre do 2019, Aira segue en aumento en todas as áreas de actividade e mellorando os índices do mesmo período do exercicio 2018.

A segunda parte da Asemblea incluíu a presentación das liñas de acción e traballo previstas para o que resta de 2019, para as que se contará cun orzamento para investimentos de 3,3 millóns de euros. Valorizar as producións das explotacións dos socios, mellorar e facer sostible o conxunto de actividades e os servizos prestados son os piares básicos sobre os que se desenvolverán os próximos pasos deste proxecto cooperativo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias