El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Deportes

GOLF FEMENINO

Pantón será a capital do golf feminino

09-07-2019 18:43:52

O Deputado de Deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, o Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e o Presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González, inauguraron hoxe o Torneo de Golf Internacional Feminino Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, que terá lugar no Campo de Golf do Oca Augas Santas de Pantón, do 10 ao 13 de xullo. O Executivo Provincial apoia esta cita cunha achega de 10.000 euros.

Rivera Capón explicou que “este evento da a coñecer a nosa provincia como destino turístico e deportivo, tamén para a práctica do golf, para o que contamos cunhas instalacións de primeiro nivel. É ademais outra gran ocasión para mostrar o noso apoio á candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade e amosar a nosa aposta decidida polo deporte feminino. Animo a todos os veciños e afeccionados a asistir a este evento, xa que, ademais, a entrada é de balde”. 

O acto inaugural tivo un carácter solidario e contou coa actuación do grupo Dani Barreiro & friends que interpretaron versións da década dos 80. A recadación do acto está destinada á Asociación Ruliños Terra de Lemos, que ten por obxectivo prestar asesoramento e apoio a nenos e adolescentes con necesidades especiais así como as súas familias. 

No torneo participarán 80 xogadoras dunhas 17 nacionalidades, que poderán mellorar a súa posición no ranking oficial e ascender a categoría Raíña do Golf feminino. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias