El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Máis de 28.000 asistentes nos tres días de PortAmérica 2019

09-07-2019 18:51:43

Con máis de 28.000 persoas asistentes nos tres días do Portamérica, a tempada dos #FestivaisRíasBaixas arrancou de forma espectacular na súa primeira parada en Caldas de Reis. O éxito do festival foi máis alá do elevado número de asistentes que esgotaron todas as entradas do venres e do sábado por segundo ano consecutivo. Tamén conseguiu encher ao 100% os hoteis da comarca de Caldas, e a súa área de influencia do Salnés e de Pontevedra. Así tanto o festival, con máis de 30 actuacións de artistas nacionais e internacionais, como o ShowRocking que concentrou ás mellores e aos mellores restauradores do mundo, coa presenza de 35 chefs internacionais con 42 Soles Repsol, foron un éxito rotundo que veñen a consolidar a PortAmérica como unha das grandes citas músico-gastronómicas de España. 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, valorou positivamente a incidencia do festival no sector turístico. “As comarcas de Caldas, do Salnés e de Pontevedra chegaron ao 100% de ocupación hoteleira e os bares e restaurantes enchéronse, polo que a incidencia económica destes eventos nas nosas vilas e pobos é incuestionable”, asegurou. Tamén manifestou Silva a súa satisfacción pola elevada demanda de información rexistrada nos stand da Deputación de Pontevedra relativos á información en prol da igualdade e sobre as consecuencias dos plásticos na contorna natural e na saúde das persoas.

De feito, de “Experiencias SOStibles” distribuíronse ata 1.100 folletos informativos, bolsas de merenda, imáns e vasos compostables. Neste eido, a presidenta recalcou que as persoas que acudiron ao stand manifestáronse especialmente interesadas polo enfoque da campaña centrada non soamente nas consecuencias dos plásticos na contorna natural senón tamén na saúde das persoas. Amais, a campaña provincial uniuse ás iniciativas propias do Festival. Ao asentado modelo de economía circular de PortAmérica que actúa positivamente sobre o entorno local e o medio ambiente natural, a xornada de reforestación “Unha entrada, unha árbore” se sumaron innovadoras propostas como os vasos semilleiros ou o papel prantable.

Amais, desde o stand de igualdade da Deputación difundíronse as campañas “Lembra! Eu decido, ti respectas” e “Conta comigo eu respéctote”, dinamizado por cinco mulleres axentes de igualdade que realizaron tarefas de sensibilización e concienciación entre o público asistente para loitar contra as agresións sexuais. En total, a campaña chegou a 2.000 persoas, das cales 1.380 foron mulleres e 920 homes, ás e aos que se lles entregou dende material informativo (1.500 folletos), ata sombreiros e pegatinas. Ao respecto da actividade desenvolvida neste stand, a presidenta destacou que acudiron persoas dos ámbitos sanitarios e educativos que aclararon dúbidas e demandaron materiais para poder distribuír nos seus respectivos lugares de traballo. 

A gastronomía foi un ano máis unha das grandes protagonistas, coa fusión perfecta entre ritmo e cociña con pinchos gourmet únicos creados especialmente para o festival a prezos populares con produtos galegos, o que supuxo que nos tres días de Portamérica foran servidas preto de 35.000 tapas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias