O
secretario provincial PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín
González Formoso, presidiu hoxe en Culleredo a primeira reunión do consello
de alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia da Coruña.
O
novo órgano créase coa idea de “dar voz ao municipalismo” e terá reunións
periódicas nos diferentes concellos da provincia “para analizar e pór en común
os numerosos problemas que afectan á xestión municipal e as súas posibles
solucións; compartir ideas e experiencias e coordinar a acción política dos
alcaldes e alcaldesas socialistas”, afirmou González Formoso.
Formoso
lembrou que os 41 alcaldes e alcaldesas do PSOE nos 93 concellos coruñeses
sitúan a esta formación política como “a que máis concellos e veciños
representa na provincia” e defendeu a necesidade de “actuar conxuntamente nos
grandes temas que afectan ao ámbito municipal
Axenda Rural,
competencias e financiamento municipal
O
secretario provincial do PSOE expresou a súa satisfacción de que os alcaldes
desta formación política “tomen a iniciativa de traballar unidos en defensa dos
intereses dos cidadáns” e afirmou que o traballo comezou hoxe mesmo, abordando
temas como a Axenda Rural Provincial que impulsará o goberno da Deputación
neste mandato, destinada a implantar estratexias que fomenten a creación de
emprego e a fixación de poboación nos pequenos municipios rurais da provincia.
Os
rexedores socialistas abordaron tamén hoxe cuestións coma o impacto económico
que supón para os municipios a asunción de competencias propias doutras
administracións ou a falta de transparencia na distribución de fondos aos
municipios por parte da Xunta de Galicia, que benefician sistemáticamente aos
concellos gobernados polo Partido Popular.