El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Piñeiro Docampo
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA | CASO MEIRÁS

A Deputación congratúlase de que o seu informe xurídico marcara o camiño para recuperar o Pazo de Meirás

11-07-2019 17:36:48

A Deputación da Coruña aplaude a demanda presentada polo Goberno Central para recuperar o Pazo de Meirás como ben público como final dun proceso que iniciara a elaboración do seu informe xurídico que abría ese camiño como máis eficaz para lograr o obxectivo. Nese sentido, a Deputación dirixírase hai un ano a Patrimonio Nacional e á Dirección Xeral de Memoria Histórica para que iniciaran as accións xudiciais.  

A Deputación da Coruña dirixírase a inicios do mes de agosto de 2018 á Dirección Xeral de Memoria Histórica para iniciar accións xudiciais para recuperar o Pazo de Meirás como ben público, documentando por medio dun informe xurídico e outro histórico que o contrato de compra por parte de Francisco Franco fora simulado  xa que o inmoble era utilizado desde tempo atrás como sede da Xefatura de Goberno.  

Neste sentido, o informe xurídico encargado pola Deputación da Coruña e elaborado por un equipo dirixido polo profesor da Universidade de Santiago, Xabier Ferreira, abría o camiño para reclamar o inmoble por vía xudicial desde o Goberno Central ao demostrar que pasara a mans de Francisco Franco a través dun acto de compra-venda ficticio xa que entón xa funcionaba como residencia de verán do Xefe do Estado.  

Ademais dos informes xurídico e histórico, a Deputación da Coruña dirixiuse ao Goberno central para que iniciase con carácter de urxencia o procedemento xudicial ao demostrar documentalmente que a compra foi simulada. Os informes probaban tamén o desvío de fondos desde Patrimonio Nacional para o Pazo de Meirás, para o mantemento do inmoble como para subministrar alimentos e outros enseres para a familia do ditador nas súas estadías veraniegas. Na documentación incluíase a constatación dunha partida orzamentaria destinada ao Pazo de Meirás que demostraba que funcionaba como residencia de verán do ditador.  
 
Os informes foron resultado dun proceso que a Deputación da Coruña iniciou hai agora dous anos, no verán de 2017, cando adoptou acordos plenarios ao respecto e promoveu a constitución da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás na que participaron, ademais de institucións como os concellos de Sada e A Coruña, entidades da recuperación da memoria histórica e representantes das Universidades e da Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias