El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIO

A Xunta aproba o Plan galego de hospitalización a domicilio 2019-2023

11-07-2019 17:49:10

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, do visto e prace ao Plan galego de hospitalización a domicilio 2019-2023. O orzamento co que estará dotado será de 2,5 millóns de euros.


En concreto, ampliará a cobertura destes coidados de rango hospitalario necesarios que hoxe reciben no domicilio 6.000 pacientes ao 100% do territorio os 365 días do ano. ”De non existir este servicio, as persoas que hoxe o reciben terían que estar hospitalizadas”, engadiu. Segundo explicou o titular da Xunta, trátase dunha alternativa que os pacientes valoran porque repercute na súa calidade de vida, na das súas familias e reduce as complicacións relacionados coa asistencia sanitaria


Deste xeito, insistiu, non só se reforza un sistema que funciona e que os galegos valoran ben, senón que se prepara a Sanidade Pública para as vindeiras décadas tendo en conta o envellecemento da poboación e a atención á cronicidade. Co obxectivo de potenciar e consolidar esta modalidade asistencial, o plan aprobado hoxe contempla importantes novidades, tales como a aposta pola equidade na prestación do servizo. De xeito progresivo pasarase da cobertura actual do 75% ao 100% coa activación da asistencia a domicilio todos os días do ano.


Ademais, para garantir a calidade do servizo incrementarase un 33% o número de equipos, pasando dos 45 actuais aos 60, o que será posible grazas ao aumento en 45 profesionais da dotación en recursos humanos. Tamén se aumentará a flota con 15 novos vehículos. Así, o dito plan permitirá mellorar e ampliar este servizo co establecemento dos novos modelos asistenciais de HADO, coa organización asistencial, co desenvolvemento de sistemas de información e coa programación da formación e a investigación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias