El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Pazo de Arenaza acolle a primeira edición do programa para emprendedores "Se Buscan Héroes"

12-07-2019 15:41:01

Dende inicios de mes desenvólvese no Pazo de Arenaza a primeira edición de 2019 do programa ‘Se Buscan Héroes’, unha iniciativa que busca apoiar ao emprendemento  e a innovación nas empresas, ademais de mellorar a empregabilidade dos participantes do programa. Está dirixido preferentemente a persoas que se atopan en busca activa de emprego e/ou que desexan desenvolver unha idea de negocio. Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Incyde e a cofinanciación do Fondo Social Europeo. 

Durante tres semanas, do 1 ao 19 de xullo, as 23 persoas participantes (9 homes e 14 mulleres) acuden ao espazo de Iñás en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, para traballar e desenvolver competencias como a iniciativa, a empatía, a organización, o traballo en equipo ou a comunicación. As metodoloxías aplicadas por equipo experto de 15 formadores baséanse no sistema learning by doing, que ten como meta a innovación e o desenvolvemento persoal a través de 75h de formación presencial, 50h de formación online e 15h de orientación e/ou mentorización individualizada. Algúns dos contidos previstos están relacionados coa marca persoal, as finanzas, as habilidades comunicativas, Lean Startup e as novas tecnoloxías, entre outras. As personas participantes tamén recibirán axuda na busca de emprego ou mentorizaxe personalizada para o desenvolvemento da súa idea de negocio.


Estancias en empresas  

Tras rematar estas xornadas, as persoas participantes poderán acceder a estancias en empresas da Coruña municipios dos alrededores atendendo aos perfís, proxectose prioridades de los participantes. Entre as empresas xa confirmadas están IKEA ou Inditex. O Pazo de Arenaza, impulsado pola Deputación da Coruña, leva funcionando dende abril e acolle na actualidade a vinte e catro persoas emprendedoras e/ou novas empresas do eido da arquitectura, do urbanismo, da tecnoloxía e da investigación. O proceso para a presentación de solicitudes de acceso ao espazo encóntrase permanentemente aberto e as súas bases poden ser consultadas na web www.arenaza.pel.gal. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias