El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

A Coruña, Arteixo e Culleredo ultiman a posta en marcha da liña 24

16-07-2019 17:23:11

A CORUÑA | O edil de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes de Arteixo e Culleredo, Carlos Calvelo e José Ramón Rioboo, para concretar distintos aspectos técnicos da ruta para a prolongación do bus urbano da líña 24 que conectará A Coruña con tres urbanizacións da Zapateira, situadas nos concellos limítrofes dos dous municipios.

O edil de Mobilidade confía en axilizar a posta en marcha do novo servizo e que comece afuncionar canto antes. Os representantes municipais, xunto con técnicos da Xunta,
profundaron en aspectos importantes relativos á seguridade vial das novas paradas e
confían que en breve a ruta comece a funcionar.

A prolongación da liña 24 de autobuses chegará a catro urbanizacións da Zapateirasituadas limítrofes cos concellos de Arteixo e Culleredo que ata o de agora non tiñan servizo. A nova traxecto inclúe seis expedicións diarias ata Montegolf, Vallesur e As Oliveiras nos días laborables, tres os sábados e dous os domingos e festivos, e responde as vellas demandas veciñais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias