El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

BANCA

DBRS mellora un chanzo o rating de ABANCA ata BBB

18-07-2019 09:47:04

A axencia de cualificación DBRS elevou o rating a longo prazo de ABANCA un chanzo, de BBB (low) a BBB, e o rating a curto prazo de R-2 (middle) a R-2 (high), ambos con perspectiva estable. Esta subida afianza a ABANCA dentro da categoría de investimento.

Na súa decisión, a axencia recoñeceu o continuo bo desempeño que veu mostrando ABANCA desde o seu lanzamento en 2014. En concreto, DBRS indica que “a subida do rating de ABANCA reflicte a mellora continuada dos ingresos recorrentes, tanto en comisións como en marxe de intereses. Adicionalmente, a acción de rating incorpora o progreso continuado efectuado na calidade dos activos”. Por outra banda, a axencia sinala que a cualificación se sustenta tamén na sólida posición de financiamento e liquidez da entidade, así como nos seus robustos niveis de capital.


Segue a tendencia positiva

Desde inicios de 2018, xa son 12 as accións de carácter positivo recibidas das catro axencias que cualifican a ABANCA. Actualmente, o banco conta con grao de investimento das axencias DBRS e Fitch. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias