El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

Os gandeiros de leite galegos levan facturado 368 millóns de euros no que vai de ano

18-07-2019 20:25:09

Os ingresos dos gandeiros de leite galegos seguen medrando. En concreto, nos primeiros cinco meses do ano (maio é o último mes do que se teñen datos oficiais) os titulares de explotacións lácteas facturaron 368 millóns de euros, o que supón un 2,3% máis que no mesmo período de 2018.

Así o avanzou hoxe o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a inauguración das novas instalacións da Sociedade Agraria de Transformación (SAT) A Campa, situada no concello coruñés de Curtis. Alí, José González sinalou tamén que Galicia segue a ser líder en España no sector lácteo español con preto do 40% da produción.Neste senso, o titular de Medio Rural resaltou que a facturación dos gandeiros galegos tamén representa o 37% da mesma a nivel nacional, unha boa cifra que amosa estabilidade no sector neste momento.

Deste xeito, o conselleiro sinalou como “incuestionable” que o sector lácteo é un dos principais motores do rural galego e, polo tanto, da economía da nosa autonomía. Neste sentido, o titular de Medio Rural ofreceu o apoio da Xunta para que siga sendo así. De feito, José González mostrouse convencido de que “no rural se pode vivir e se pode vivir ben”. Ao tempo, trasladou tamén a importancia de apostar pola transformación e pola calidade como xeito de revalorizar os nosos produtos, como fai a SAT obxecto da visita. Por iso, sinalou, é importante darlle valor ao noso leite, como produto exquisito. 

E precisamente pola importancia do sector para Galicia, a Xunta fai un esforzo inxente para apoialo ano tras ano. Así, neste 2019 a Consellería do Medio Rural destina 42 millóns de euros nas axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (coñecidos como plans de mellora), para a creación de empresas por persoas agricultoras mozas e para o desenvolvemento de pequenas explotacións. 

A maiores, cómpre resaltar que está en marcha a Estratexia de dinamización do sector lácteo, contando con todos e cada un dos axentes implicados, que ten por obxectivo facer fronte a retos como a súa profesionalización, a rendibilidade das explotacións, a mellora da súa base territorial ou a reforma da Política Agrícola Comunitaria. De feito, o grupo de traballo está mantendo reunións de maneira periódica co fin de analizar a situación do sector. En concreto, a día de hoxe estase avaliando o remuda xeracional nas explotacións, a reorientación da produción e xeración de valor na cadea e a promoción dos produtos lácteos.  


SAT A Campa 

A SAT A Campa é unha empresa familiar orientada á produción de leite, que conta cunhas 80 hectáreas de cultivos forraxeiros. A súa produción é duns 1,7 millóns de litros cun censo de 324 animais. Ademais, os seus socios xestionan tamén a granxa El Pilar con 300 cabezas de gando e a queixería SAT Queinaga.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias