El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

Galicia volveu ser en maio a comunidade que mellor paga as súas facturas

22-07-2019 16:26:56

Galicia volveu ser no mes de maio a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, segundo reflicte o último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas’, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda.

O período medio de pago en Galicia reduciuse a 15 días, o máis baixo de toda España, mentres que a media autonómica situouse nos 33,5 días. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran tamén que este indicador en Galicia mantívose 15 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.


En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia de novo como a comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de maio no 0,08%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,36%. Ao peche do mes de maio, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.468,8 millóns de euros, dos que 53,6 millóns –o 1,2% do total- corresponden a Galicia.


Galicia xa foi a comunidade líder no ano 2018 en axilidade no pagamento aos seus provedores, e neste 2019 rematou o primeiro trimestre do exercicio en segunda posición e no mes de abril recuperou o liderado nesta materia. Os datos oficiais mostran que Galicia conseguiu manter no mes de maio este liderado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias