A CORUÑA | O pleno da Deputación da Coruña
aprobou hoxe a proposta de organización do goberno provincial para o
funcionamento da institución no mandato 2019-2023. Todos os puntos da orde da día foron
aprobados por unanimidade de todos os grupos políticos, agás o PP que se
abstivo no punto das delegacións de competencias do pleno na Xunta de Goberno e
na designación de representantes da Deputación en distintos organismos. O
deputado de Marea Atlántica, Alberto Lema, abstívose no punto 7 da Orde do Día
sobre o réxime de sesións, aínda que posteriormente aclarou a súa vontade de se
abster no punto 11, no que se recollen as retribucións da corporación, punto no
que votou favorablemente durante a sesión.
O pleno aprobou a creación de nove
comisións informativas, unha máis que no anterior mandato, que estarán
presididas polos seguintes deputados/as:
1. Deputado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime
Interior: Don Antonio Leira Piñeiro (PSOE)
2. Deputada de Benestar Social e Educación: Dona Ana
Lamas Villar (PSOE) Baixo a supervisión da deputada responsable desta área,
atribúese delegación especial en materia de Educación a Dona Sandra González
Castro (PSOE)
3. Deputado de Promoción Económica e Asistencia a
Municipios: Don José Blas García Piñeiro (PSOE). Baixo a supervisión do
deputado responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de
Asistencia a Municipios a Don José Manuel Lage Tuñas (PSOE).
4. Deputado de Cooperación, Plans Provinciais Xerais,
Turismo e Patrimonio Histórico e Cultural: Don Xosé Regueira Varela (BNG)
5. Deputado de Infraestruturas Viarias, Vías e Obras
Provinciais: Don José Manuel Pequeño Castro (PSOE)
6. Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e
Normalización Lingüística: Don Xosé Xurxo Couto Rodríguez (BNG). Baixo a
supervisión do deputado responsable desta área, atribúese delegación especial
en materia de políticas de igualdade e normalización lingüística a Dona María
del Carmen Muiño Filgueira (BNG)
7. Deputada de Deporte e Xuventude: Dona Cristina Capelán
Cancelo (PSOE). Baixo a supervisión da deputada responsable desta área,
atribúese delegación especial en materia de xuventude a dona Sandra González
Castro (PSOE).
8. Deputado de Contratación, Patrimonio Provincial e
Equipamento: Don Xosé Luis Penas Corral (BNG)
9. Deputado de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio
Sostible: Don José Ramón Rioboo Castro (PSOE)
As delegacións xenéricas que se outorgan comprenden, no ámbito das áreas
asignadas, a dirección, inspección e impulso de obras e servizos, así
como a execución das disposición de carácter xeral e dos actos e acordos dos
órganos de goberno, coidando da súa publicación e podendo recabar para tales
tarefas os asesoramentos técnicos necesarios. Atribúese aos deputados delegados
a facultade de asinar os protocolos e convenios relativos ás materias
delegadas.
As comisións reuniranse unha vez ao mes e estarán integradas por doce
deputados/as, dos cales cinco pertencerán ao Grupo Popular, catro ao Grupo
Provincial Socialista, un ao Grupo do BNG, un ao de Marea Atlántica e un de
Alternativa dos Veciños.
O portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que seguirá
celebrándose con periodicidade mensual o último venres de cada mes serán: Rosa
Gallego Neira (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE e portavoz do Goberno
provincial), María del Carmen Muíño Filgueira (BNG), Alberto Lema Suárez (Marea
Atlántica) e Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños).
A Xunta de Goberno reunirase o primeiro e o terceiro venres de cada mes e
estará integrada polo presidente, Valentín González Formoso (PSOE) e os dez deputados seguintes: Xosé Regueira
Varela (vicepresidente.BNG), Cristina Capelán Cancelo (PSOE), Bernardo
Fernández Piñeiro (PSOE), José Blas García Piñeiro (PSOE), Ana Lamas Villar
(PSOE), Antonio Leira Piñeiro (PSOE), José Manuel Pequeño Castro (PSOE), José
Ramón Rioboo Castro (PSOE), Xosé Xurxo Couto Rodríguez (BNG), Xosé Luis Penas
Corral (BNG).
Réxime de retribucións e
indemnizacións
O réxime retributivo da corporación recupera os niveis de 2011. O
presidente terá unhas retribucións anuais brutas de 71.523,20 €, mentres que as
do vicepresidente serán de 63.000 euros anuais. Os deputados con dedicacións
exclusivas terán unhas retribucións de 60.426,57 euros brutos ao ano, mentres
que as medias dedicacións supoñen 30.213,28 € anuais.
O pleno aprobou 15 dedicacións exclusivas e 2 parciais por un importe total
de 980.495,17 euros anuais.
As indemnizacións por asistencia a pleno serán de 591 euros, mentres que as
das comisións informativas e Xunta de Goberno serán de 370 euros. Cando
coincida no mesmo día máis dunha sesión dos órganos colexiados terán dereito a
percibir unha soa asistencia.
O pleno aprobou tamén un total de 27 postos de persoal eventual. Departamento de comunicación