El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

A CORUÑA | CASO ALCOA

Inés Rey comprométese co comité de empresa de Alcoa a loitar polo futuro da planta máis aló de agosto do 2021

24-07-2019 16:26:34

A CORUÑA | A alcaldesa, Inés Rey, trasladou ao comité de empresa de Alcoa a súa intención de seguir loitando polo futuro da planta máis aló dos dous anos que garante o comprador. Así llo comunicou ao seu presidente, Juan Carlos López Corbacho, durante un encontro que tivo lugar en María Pita no que o responsable dos traballadores lle comunicou que viaxarán a Madrid o próximo día 31 de agosto para constatar a compra de Alcoa.

Rey sempre defendeu e pelexou co Goberno de España a viabilidade da fábrica e os postosde traballo. E manifestou que, tanto ela como a Corporación, seguirán loitando pola continuidade da empresa máis aló dos dous anos que garante o novo comprador. “Queremos un proxecto de futuro para a fábrica que asegure os postos de traballo e o sector industrial da Coruña e a súa comarca”, “queremos un proxecto a longo prazo por parte de Parter, porque a planta da Coruña é rendible”, apuntou.

Para iso, negociará co Goberno de Pedro Sánchez, quen xa manifestou, dixo, o seu total compromiso coa viabilidade de Alcoa. Un compromiso que se verá reflectido na aprobacióndo estatuto electrointensivo que fixará un prezo alcanzable e estable da enerxía eléctrica para que os custos non sexan tan elevados e que dará seguridade ao sector.

Rey asegurou que o Goberno achegará unha solución definitiva parta a continuidade de Alcoa “unha vez que Pedro Sánchez sexa nomeado presidente e se retóme o estudo do canon que recollía xa as alegacións presentadas polos traballadores e que está a ser estudado pola asesoría xurídica”. A alcaldesa pide a implicación de todas as forzas políticas, Estado e Xunta para conseguir un proxecto de futuro para a planta “neste tema non hai cores políticas, non hai lugar para as discrepancias”, “temos que ter todos unha posición clara sobre o futuro da nosa
industria”, sinalou.

Os traballadores de Alcoa viaxarán a Madrid onde está previsto que se faga efectiva acompra da factoría tras nove meses de traballo e negociacións desde que se anunciou opeche da empresa por parte da multinacional estadounidense ata que se atopou un comprador. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias