El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

PAZO DE MEIRAS

A Xunta presenta nos Xulgados da Coruña a documentación para acudirse na causa de Meirás

24-07-2019 18:42:14

Os servizos xurídicos da Xunta presentaron hoxe no xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña o persoamento no proceso civil iniciado para a recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás, unha vez autorizado polo Consello da Xunta do pasado xoves.

A Xunta pon en marcha as accións legais oportunas para reintegrar o Pazo de Meirás aos bens de dominio público da Administración, xa que ten como unha das súas obrigas a salvagarda do patrimonio cultural galego. A Lei de Patrimonio Cultural sinala que o Goberno galego poderá acordar medidas de colaboración coa Administración Xeral do Estado que fortalezan ou melloren a vixilancia e seguridade dos bens que integran o patrimonio cultural de Galicia, especialmente cando se vexan ameazados por actos de expolio ou destrución. 

A Lei de Patrimonio cultural de Galicia determina que o patrimonio cultural está constituído por bens mobles, inmobles ou manifestación inmateriais que polos seus valores, entre outros históricos, deban ser considerados como de interese para a súa permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega. O Pazo de Meirás foi declarado ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, polo decreto 299/2008, do 30 de novembro.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias