El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

ESTATUAS DO MESTRE MATEO

Declaradas ben de interese cultural as estatuas do Mestre Mateo en mans dos Franco, que deberán abrilas a visitas

26-07-2019 16:20:22

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello da Xunta declarou Ben de Interese Cultural 9 esculturas atribuídas ao Mestre Mateo e ao seu taller procedentes da desaparecida portada exterior occidental da catedral de Santiago de Compostela.
Sobre estas pezas e figuras románicas, Feijóo lembrou que son ben coñecidas, especialmente tras a exposición monográfica dedicada ao Mestre Mateo no Museo do Prado, e que teñen unha cronoloxía comprendida entre o 1188 e o 1211.

Dúas delas, precisou, están en mans da familia Franco, en concreto as que representan os profetas identificados como Abraham ou Xeremías e Isaac ou Ezequiel. As restantes sete están en mans particulares ou forman parte do patrimonio de institucións públicas como o Museo da Catedral de Santiago ou o Museo de Pontevedra. 

O presidente da Xunta salientou que a tramitación deste expediente non recibiu alegacións no período de información pública e que, ademais, contou con informes favorables da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, do Consello da Cultura Galega e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Segundo estes informes, os elementos escultóricos acreditan o valor suficiente para ser declarados BIC e, desta forma, contan co máximo nivel de protección e tutela previsto na lexislación vixente. A declaración de cada unha das obras, sinalou Feijóo, vaise inscribir de xeito individual e non como colección no Rexistro de BICs de Galicia dada a súa diversa orixe. 

Así pois, a Xunta garante a máxima protección para as 9 esculturas atribuídas ao Mestre Mateo, fundamental para garantir o seu legado ás xeracións futuras e para que sexan accesibles ao conxunto da cidadanía, xa que a declaración como BIC obriga aos propietarios a que poidan ser visitadas un mínimo de catro días ao mes.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias