El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | PERSOAS SEN FOGAR

O Plan de atención ás persoas sen fogar: 73 millóns nos próximos cinco anos

26-07-2019 16:31:39
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo (2d).

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa do Consello da Xunta da aprobación do Plan de atención ás persoas sen fogar 2019-2023, que destinará máis de 73M€ nos próximos cinco anos a abordar a situación deste colectivo, pasando de case un 40% máis que nos cinco exercicios anteriores. Isto supón pasar de 53 a 73 millóns de euros, 4 millóns máis cada ano.

Feijóo destacou que é “a primeira vez que se aproba en Galicia un plan destas características”, e sinalou que este documento refírese ás persoas sen fogar que viven na rúa, ás usuarias de albergues ou outras institucións sociais e as que residen en vivendas inseguras ou inadecuadas. Neste sentido, o presidente recordou que para obter unha radiografía precisa desta situación, a Xunta encargou un Estudo sobre a situación das persoas sen fogar en Galicia, para o que se contou co traballo de voluntarios da Cruz Vermella que fixeron máis de 200 entrevistas; e con achegas das demais entidades sociais coas que se realizou un seminario e un panel de expertos para poñer en común solucións.

Desta maneira, salientou e agradeceu o traballo conxunto entre Xunta, entidades sociais e concellos para o desenvolvemento deste Plan de atención ás persoas que ten como obxectivo, dixo, “intentar diminuír as dificultades que aínda existen en Galicia para unhas 1900 persoas sen fogar, que é o censo actualizado que temos a data de hoxe”. E recordou ademais que nos vindeiros meses “volveremos a apelar a este consenso para actualizar a Axenda Social”. 


100 medidas  

Feijóo sinalou que o Plan de atención ás persoas sen fogar incorpora 100 medidas, entre as que destacou algunhas das principais coma no ámbito dos recursos de atención, que se cuadriplicarán o número de prazas, pasando de 18 a 69; e no eido da prevención, a coa ampliación do proxecto Nelson Mandela ao cárcere da Lama, e o impulso a programas de intermediación inmobiliaria. 

No referente á sensibilización, explicou que se creará un sitio web que traslade á sociedade galega información sobre a situación deste colectivo; no ámbito da educación aumentarase o coñecemento da situación das persoas sen fogar entre a poboación escolar; e no eido da igualdade, elaborarase un estudo sobre a situación específica das mulleres sen fogar e porase en marcha un proxecto de acompañamento social dirixido a elas. 

O presidente destacou que o plan dedícalle unha atención especial área de vivenda, para o que se prevé a posta á disposición de 100 vivendas para o aloxamento de persoas sen fogar este ano, onde se empregas as políticas de rehabilitación da Xunta de Galicia co deseño dun plan de rehabilitación dunha parte importante do patrimonio rural, as antigas vivendas de mestres ou doutros oficios, ademais doutras casas de titularidade municipal que estean en desuso. 

No respectivo á atención sanitaria, salientou que se aplicarán tres grandes medidas: tarxeta sanitaria para todas as persoas sen fogar empadroadas en Galicia, estableceranse vías de preferencia na atención ás persoas sen fogar con enfermidade mental e impulsarase proxectos de acción comunitaria para a prevención e vixilancia da saúde das persoas sen fogar.

O presidente da Xunta concluíu incidindo en que se pecha “un plan ambicioso, e estamos moi satisfeitos do nivel de colaboración das entidades de iniciativa social e de toda a rede de loita contra a pobreza en Galicia, porque realmente eles son os artífices e protagonistas deste plan que acredita a solidariedade de Galicia con esta poboación”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias