El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

CATOIRA

A Xunta apoia con 50.000 euros a Romería Vikinga de Catoira

26-07-2019 18:58:23

CATOIRA | A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación da nova edición da Romería Vikinga de Catoira, unha das 11 festas de Interese Turístico Internacional coas que conta a Comunidade e que a Xunta de Galicia apoia este ano con 50.000 euros.

Durante o acto puxo de manifesto a aposta do Goberno autonómico por apoiar festividades que afonden na singularidade do destino galego e situou esta celebración como unha data clave para este concello pontevedrés ao convertese ano a ano nun importante impulso para o turismo da provincia de Pontevedra.

Neste sentido, recordou que a Romería Vikinga de Catoira foi a primeira da provincia e unha das primeiras en Galicia en acadar o recoñecemento internacional e puxo de manifesto a visibilización da Comunidade galega en Europa como un dos destinos incluídos no Itinerario Cultural Europeo dos Vikingos, certificado polo Consello de Europa.

O apoio da Xunta á Romería Vikinga de Catoira permitirá o apoio, promoción e difusión deste evento e a posta en marcha da actuación de sensibilización e prevención fronte a violencia sexual Agresión OFF, eu digo non á violencia sexual. A campaña desenvólvese no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, en virtude do cal, a Consellería de Cultura e Turismo e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza acordaron colaborar este ano cunha liña de axudas específica a incluír na colaboración habitual que se fai coas festas de interese turístico. 

Esta colaboración enmárcase no obxectivo da Xunta de Galicia por impulsar o enfoque turístico do patrimonio inmaterial, onde as festas de interese turístico ocupan un lugar central. Tamén dá resposta ao seu compromiso por traballar coas administracións locais e potenciar os recursos singulares da Comunidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias