El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

CANADÁ | CONGRESO INTERNACIONAL DE ENFERMIDADES DA MADEIRA DA VIÑA

A Evega, mellor traballo científico en comunicación oral

28-07-2019 12:57:46

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, acaba de recibir o terceiro premio ao mellor traballo científico presentado como comunicación oral, no marco do 11º Congreso Internacional de Enfermidades da Madeira da Vide que se celebrou en Penticton (Canadá). Este traballo forma parte dunha tese doutoral que se desenvolve na Evega, en colaboración co Instituto de la Ciencia de la Vid y del Vino (ICVV) de Logroño.

Neste estudo investigáronse as porcentaxes de infección por patóxenos fúnxicos asociados a enfermidades da madeira da vide, que se producen de forma natural tras a realización da poda. Esta análise levouse a cabo en seis viñedos galegos localizados nos concellos ourensáns de Leiro e do Barco de Valdeorras e no pontevedrés de Ribadumia, mediante a técnica de secuenciación masiva.

Os resultados acadados mostran que a avaliación das infeccións naturais producidas nas feridas de poda en distintos momentos da parada vexetativa da vide impóñense como un método idóneo para optimizar medidas de prevención e control das enfermidades da madeira da vide. Así, observouse que a infección por fungos asociados a este tipo de enfermidades é, en xeral, moi baixa tras unha poda temperá realizada a mediados do outono (novembro), mentres que aumenta significativamente tras unha poda tardía realizada a finais do inverno (febreiro).

Tendo en conta estes resultados preliminares, baixo as condicións ambientais e para as zonas de estudo concretas de Galicia, recoméndase a realización dunha poda temperá entre os meses de novembro e febreiro, en combinación con outras medidas de control co fin de reducir ao máximo as infeccións de fungos causantes de enfermidades da madeira da vide. Polo momento, os resultados obtidos son parciais e deben ser adaptados a cada zona de cultivo para a aplicación adecuada desta medida de prevención e control.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias