El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

O Concello reforza a programación familiar dunhas festas de María Pita para "pasalo ben mediante a cultura"

30-07-2019 15:21:48

A CORUÑA | A concelleira de Festas, Diana Cabanas, presentou hoxe o programa de Festas de María Pita, que darán comezo o xoves co tradicional pregón a cargo da escritora Nieves Abarca, ás 21.30 horas, desde o balcón do Concello. 

Con ela, a praza estrearase como primeiro escenario de actuacións con Ketama, ás 22.30 horas, que dará paso o venres á mesma hora á actuación de Mala Rodríguez. Susana Seivane estará o sábado e Tequila pechará o domingo a primeira semana de concertos. No aparcamento do pazo dos Deportes de Riazor, Los 40 Summer Live 2019 traerán os ritmos máis frescos deste verán o día 3. 

Por outra parte, o calendario incluirá citas clásicas como o Festival de Habaneras, que tomará desde o venres o paseo do Parrote, xunto co Festival de Folclore Internacional, que terá lugar na praza de Pablo Iglesias. Pola súa parte, o Paseo Marítimo será protagonista o 14, ás 23.00 horas, da Batalla Naval.

Para os máis pequenos, ábrese un apartado, Cascarillarte, que empezará coa famosa Peppa Pig e Ben & Holly en María Pita o 5 e irá rotando por distintos espazos con 20 espectáculos dirixidos ao público familiar. Precisamente, a idea deste Goberno foi reforzar a programación destinada a pais e fillos, polo que despois deste apartado infantil, virá o XIX Festival Manicómicos con shows diarios distribuidos por diferentes enclaves. Pola súa parte, a Banda Municipal ofrecerá tamén un ciclo de concertos de balde nunha aposta por darlle ao público propostas musicais de todo tipo. A concelleira destacou que a intención é a de “pasalo ben mediante a cultura e a música, a literatura e o teatro serán os eixes sobre os que pivotarán estas festas”. 

Recordou tamén que o groso do programa o pechou o anterior equipo e que trataron de darlle continuidade a citas xa clásicas como o Festival de Habaneras, que volta ao centro e ao cartel de autor, neste caso, obra de Gael Lendoiro, que quixo concentrar na composición moitos dos eventos que lle proporcionan unha identidade aos festexos xuntando a un avó e ao seu neto fronte a emblemas da cidade. 


Feiras 

A Feira de Artesanía encherá, pola súa banda, de produtos feitos a man os xardíns de Méndez Núñez desde o xoves e compartirá espazo coa Feira do Libro, que traerá as novidades editoriais e aos autores do momento. Na segunda quincena, os postos mudarán para acoller a Feira do Libro Antigo.

A música expandirase a segunda semana polos distintos enclaves do Festival Noroeste desde a Fundación Luis Seoane á praza de San Nicolás, onde se poderán escoitar grupos de diferentes xéneros do 6 ao 11 de agosto coa posta en escena na praia de Riazor de Patti Smith, o 9, e The Sounds, o 10. Eles serán os cabezas de cartel dunha fin de semana que contará cun apéndice no Paseo das Pontes co Mercado da Colleita.

O Castrillón continuará disparando música de raíz a partir do 9 co Festival de Arraigo, dentro dun programa que voltará a María Pita na terceira semana con “máis noites”, neste caso, protagonizadas por formacións da cidade.

Borja Quiza & Orquesta Gaos, a Escola Municipal de Música, a Orquesta de Cámara Galega, a Banda Municipal de Música e Treixadura, a Orquesta Sinfónica de Galicia e o coro, Sito Sedes & Garufa Blue Devils Big Band descargarán repertorios festivos nunha recta final na que o clown e o teatro xestual virán da man do XIX Festival Manicómicos. Os seus espectáculos encherán de maxia o parque de Santa Margarida e o Campo de Leña en tres xornadas consecutivas ao mesmo tempo que Eirís, O Castrillón, Novo Mesoiro e Pedralonga  celebrarán os seus respectivos festexos cunha serie de actividades para todos os públicos nun agosto que rematará, como vén sendo habitual, en romaría. Santa Margarida será o broche final o 25 nunha xornada gastronómica e festiva que rematará en verbena e fogos artificiais. Ver programa





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias