El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación financia oficinas de información turísticas dun total de 55 concellos

30-07-2019 17:52:22

A CORUÑA | Un total de 55 concellos manterán este verán abertas oficinas de atención turística co financiamento da área de Turismo da Deputación da Coruña. Na actualidade, practicamente a totalidade dos puntos de información están operativos grazas a unha convocatoria á que a Deputación da Coruña destina 800.000 euros.  

Maior profesionalización e mellora da calidade son os principais obxectivos da liña de axudas da área de Turismo da Deputación da Coruña que promove a apertura de oficinas de atención ao público nun total de 55 concellos das que practicamente a totalidade están xa operativas.  

"A liña supón unha incuestionábel mellora na calidade turística e da imaxe da oferta dos concellos ademais da creación de emprego de calidade para o sector nos concellos", sinala o vicepresidente e deputado da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira para quen as oficinas significan "unha mellor planificación dos recursos de interese turístico e un traballo continuado na xestión da oferta e a súa promoción".  

Neste ano 2019 o orzamento da convocatoria ascende a 800.000 euros cun total de 55 concellos beneficiarios da subvención. Os importes de adxudicación varían entre os 20.000 euros de importe máximo e os 4.160 euros de mínimo, cun baremo que ten en conta o número de prazas de aloxamento, a capacidade de cobertura da demanda turística e o interese turístico e a planificación sostida no tempo. Os concellos, co importe adxudicado, teñen a obriga de ter a oficina aberta como mínimo 4 meses para garantir unha información sostida no tempo.  

A liña de subvencións destinada a concellos ou agrupación de concellos de menos de 50.000 habitantes convocouse por vez primeira en 2016 co obxectivo de promover a contratación de persoal para oficinas de turismo. Como obxectivos fundamentais sinalábanse a profesionalización da información turística ademais de contribuír á empregabilidade do sector.  
Os enderezos e os horarios das oficinas pódense consultar na web de turismo da Deputación da Coruña na sección "puntos de interese". Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias