El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Sociedad

GALICIA | FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO

A Xunta destina preto de 360.000 euros á promoción e organización de 88 Festas de interese turístico de Galicia

31-07-2019 16:13:53

A Xunta de Galicia destina preto de 360.000 euros, a través dunha liña de subvencións, a 88 Festas de interese turístico de Galicia co fin de colaborar na súa difusión e promoción. Ademais, como novidade este ano, incorpórase nesta achega a cobertura dos gastos para a posta en marcha durante as celebracións da campaña Agresión Off, Eu digo non á violencia sexual de información e sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos emprendida no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Todas os concellos galegos que solicitaron estas axudas para as súas festas resultaron beneficiarios das mesmas, recibindo unha achega máxima de 6000 euros, dos que 3000 son aportados para actuacións subvencionables relativas á promoción e difusión da festa e os outros 3000 destínanse á campaña de información e sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos. 

No modelo turístico galego, celebracións como estas ocupan un lugar destacado. Por iso a Xunta mantén unha colaboración estable, dedicando tamén ao completo unha das 11 liñas da Estratexia do Turismo de Galicia 2020 a potenciar os valores que fan diferente o destino galego, onde se inclúe o coidado do enfoque turístico das celebracións festivas galegas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias