El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | ENSINO

CIG-Ensino urxe a negociación da adscrición dos estudos artísticos superiores á universidade

01-08-2019 13:05:08

A CIG-Ensino vén de dirixir un escrito á Conselleira de Educación no que pon o acento na incerteza e malestar ocasionados entre a comunidade educativa das catro Escolas de Artes e Superiores de Deseño (EASD) de Galiza logo do anuncio da futura oferta dun Grao en Deseño e Creación en Pontevedra (UVigo) e tras anos de negativa da Xunta de Galiza a desenvolver a normativa que permitiría a adscrición dos estudos artísticos superiores ás universidades galegas.
 
Desde o sindicato vimos demandando desde hai anos que adscribir os estudos artísticos ao SUG é a mellor solución para o alumnado destes estudos, xa que resulta ilóxico que unhas ensinanzas conducentes a unha titulación equivalente a todos os efectos a un título universitario de grao se sigan impartindo en centros que se rexen pola mesma normativa que os institutos de educación secundaria, convertendo o seu alumnado en estudantado de ensino medio, cuns dereitos que nada teñen que ver cos do alumnado universitario.
 
Esta demanda é asumida e compartida desde o ano 2012 pola Plataforma Galega pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores no Sistema Universitario Galego e ten pleno respaldo legal. Só é cuestión de vontade política e dunha negociación global da oferta destes estudos equivalentes a grao entre a Consellaría de Educación e as universidades.
 
Neste sentido a CIG-Ensino chama a atención sobre a incongruencia que supoñen os criterios da propia Xunta á hora de negar titulacións con duplicidades no SUG e o anuncio desta nova titulación sen ter en conta a propia rede actualmente dependente da Consellaría e na que se imparten estudos artísticos superiores. Urxe, por tanto, unha negociación que teña en conta a oferta actual e as lexítimas demandas do profesorado e alumnado destes centros. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias