El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | PAC 2018

Máis de 4.000 beneficiarios galegos das axudas agroambientais da PAC veñen de cobrar 15,6 millóns

02-08-2019 11:40:09

Un total de 4.065 persoas beneficiáronse en Galicia das axudas de agroambiente e clima e de agricultura ecolóxica correspondentes á campaña de 2018 da Política Agrícola Común (PAC). Estas achegas sumaron 15,6 millóns de euros, que se aboaron nos meses de xuño e xullo do presente ano 2019.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a correspondente resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade á relación de beneficiarios e importes destas axudas.A convocatoria destas subvencións publicárase no mes de febreiro de 2018 a través dunha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se regulaba a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias