El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

MONFORTE DE LEMOS

Presentado a cuarta edición do festival Carude Rock

05-08-2019 17:39:00

MONFORTE DE LEMOS |  O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, ven de presentar a que será a cuarta edición do festival Carude Rock, que se celebrará no barrio de Carude da cidade do Cabe este venres, a partir das 20:30 horas.

Na presentación, o Alcalde estivo acompañado polos organizadores do festival: José Luís Vázquez “Lito”, Dolores Díaz, José Carlos Fuentes, Borja Vázquez y Manuel Rodríguez “Chusco”. O Festival Carude Rock é unha iniciativa que nace da Asociación de Veciños do Barrio de Carude no ano 2016, integrándoo dentro da mesma celebración das festas do barrio en honor a San Lázaro. Pero este ano 2019, decidiron cambialo de datas pola climatoloxía e por no facelo coincidir coas festas do barrio, de carácter máis tradicional e que quedaría condicionada pola celebración dun festival destas características.

O obxectivo do Carude Rock, un festival que conta co apoio do Concello de Monforte é, en verbas do Alcalde “ser un bo escaparate para os  grupos da nosa bisbarra, e que poidan darse a coñecer ante o público. E ademais, suporá unha importante actividade para o barrio de Carude, que esa noite estou seguro recibirá a centos de visitantes.”O Concello subvenciona cunha axuda de 3.800 euros ó Festival, sendo o principal patrocinador do mesmo. Deste xeito, o Carude Rock contará coas seguintes actuacións, todas elas de balde e que terán por escenario a praza de Carude:


Música propia 

Sr. Jingels (O Barco): actitude, compromiso e rock&roll é como se define este grupo. Ademais, dentro do seu álbum, fan referencia a temas cruciais como a guerra, a violencia de xénero ou as drogas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias