El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA | ESTACIÓN INTERMODAL

A Xunta solicita unha reunión ao Concello e ao ADIF para abordar a Estación Intermodal da Coruña

06-08-2019 18:18:29

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de convocar ao Concello da Coruña e ao ADIF para abordar a situación actual e as previsións de cada Administración nas actuacións levadas a cabo de cara ao desenvolvemento da Estación Intermodal da Coruña.

O encontro, para o que se propón o vindeiro venres, terá un perfil eminentemente técnico e o seu obxectivo será compartir os avances acadados por cada unha das partes implicadas así como coñecer os cronogramas cos que traballa cada unha delas. Cómpre lembrar que o departamento de Infraestruturas da Xunta ten en redacción o novo proxecto básico e de execución da terminal de autobuses, cun investimento de máis de 291.000 euros. O Goberno galego financiará esta actuación con fondos propios da Comunidade Autónoma, tal e como recollen os orzamentos da Xunta para 2019.

O Executivo autonómico traballa coa previsión de rematar este ano o novo deseño para dispor en 2020 do proxecto que permita iniciar a tramitación urbanística que se decida para, a continuación, licitar as obras da nova estación intermodal. Na reunión, a Xunta proporá retomar o convenio que se estaba abordando, necesario para executar as obras, repartir as responsabilidades e resolver a compatibilidade urbanística. A estación intermodal facilitará o intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte nesta cidade e potenciará o uso do transporte público.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias