El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

XUNTA | AXUDAS AOS CONCELLOS

A Xunta amplía ata o millón de euros o orzamento da liña de axudas para fomentar a conciliación

07-08-2019 12:28:25

A Xunta vén de ampliar o orzamento da liña de axudas para que os concellos desenvolvan iniciativas de fomento da conciliación tras a alta demanda rexistrada. Tendo en conta este incremento, o investimento destinado a estas axudas ascende a preto dun millón de euros, o que permitirá financiar accións en case un cento de concellos galegos.

Así o explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa visita á ludoteca de Tenorio en Cerdedo-Cotobade, que se financia grazas a esta convocatoria cunha axuda concedida de algo máis de 13.000 euros. A actividade de conciliación desenvólvese, ademais de en Tenorio, en Carballedo e Cerdedo. Na visita estivo acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. A liña de conciliación inclúese nunha convocatoria máis ampla destinada aos concellos para financiar outras accións como os Centros de Información á Muller ou outros programas relacionados co igualdade. A convocatoria ten, na súa totalidade, un orzamento duns 5,6 millóns de euros.

A Xunta mantén un firme compromiso coa conciliación. Foi a primeira comunidade autónoma en dotarse dun Plan de conciliación e corresponsabilidade, aprobado o ano pasado. Ademais, ten en marcha outras iniciativas como as axudas aos pais ou familias monoparentais que se acollan á redución de xornada; implantou medidas de teletraballo e flexibilidade entre o persoal funcionario da Xunta; e habilita todos os anos unha liña de conciliación dentro do programa Emega de fomento do emprendemento feminino.  


Campo de voluntariado 

Ademais da ludoteca, o vicepresidente da Xunta aproveitou a súa visita ao concello para achegarse ata o campo de voluntariado internacional de Cerdedo-Cotobade, onde os voluntarios están a gravar unha curtametraxe sobre a situación da muller no rural, ademais de realizar outras actividades de convivencia como sendeirismo, excursións e actividades acuáticas. 

Este ano, por primeira vez e ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, estanse desenvolvendo unha serie de accións específicas nos campamentos e campos de voluntariado da Xunta para previr e loitar contra a violencia de xénero e promover unha sociedade máis igualitaria.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias