El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | PRAGA DA VELUTINA

O BNG reclama unha solución á praga da velutina

07-08-2019 12:49:11

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas denuncia no  Parlamento, a través dunha pregunta oral en pleno,  a “inacción do goberno” ante a praga de velutina. Rivas demanda medidas urxentes e investigar sobre o comportamento da avespa que está a ameazar gravemente a saúde pública e o equilibrio medioambiental.  
 
O parlamentario do BNG lembra que o pasado ano foron retirados  24.000 niños de velutinas, a metade  na provincia da Coruña, e recalca que a avespa está a causar importantes perdas na apicultura, na fruticultura e na polinización.
 
O cambio no comportamento da especie do ano 2017 a respecto do 2018 foi radical. Mentres no 2017 dunha climatoloxía sen chuvias e con temperaturas inusualmente benignas no inverno favorecía a ubicación da especie en grandes niños preto dos cursos de auga e alonxados das casas, no 2018 cun clima máis adverso buscaron abeiro preto das casas e fabricaron niños pequenos menos visibles. Isto traduciuse nun maior número de accidentes cun gran número de  picaduras e a morte de persoas con alerxia ao seu veleno.
 
O deputado do BNG insta ás consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente a incidir na información para que a poboación saiba como reaccionar ante os ataques da velutina. Por outra parte, denuncia que ambas consellerías manteñen unha “actitude escurantista” e continúan desviando a responsabilidade ás deputacións e concellos obrigados a investir catro veces máis que a propia Xunta na loita contra a praga
 
“É obriga de Medio Rural e Medio Ambiente establecer, orzamentar e coordinar liñas de investigación acordes á magnitude do problema e dar información clara e útil á poboación que evite accidentes e danos  na mesma e máis no medio natural”, remarca Rivas. As declaracións da Conselleira afirmando que o problema da velutina non tiña solución e  debiamos resignarnos a convivir con ela é “inaceptable mírese desde onde. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias