El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Máis de 750.000 euros ao deporte federado de ámbito nacional da provincia

10-08-2019 12:15:50

PONTEVEDRA | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de 754.000 euros en axudas aos clubs deportivos que participen en competicións federadas no ámbito nacional para o ano 2019. O obxectivo destas subvencións é apoiar aos clubs da provincia na súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional, convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas ou españolas.

Tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, con esta liña de axudas destínanse 754.000 euros para 75 clubs de 21 concellos da provincia. En concreto para equipos de Vigo, A Estrada, As Neves, Pontevedra, Cangas, Bueu, A Cañiza, O Grove, Lalín, Redondela, O Rosal, A Guarda, Nigrán, Ponteareas, Sanxenxo, O Porriño, A Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Marín e Pazos de Borbén. Entre os beneficiarios destas subvencións están representados multitude de deportes como por exemplo atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, ciclismo, fútbol, fútbol sala, tenis de mesa, voleibol ou rugby, entre outros. “Isto demostra que seguimos dando pasos no noso compromiso absoluto co deporte. De feito, somos a administración que máis aposta polo deporte na provincia”, enxalzou Silva.

Dentro das axudas ao deporte, todas convocadas con bases e criterios técnicos e obxectivos, a Deputación xa ten aprobado en xuño a concesión de subvencións para clubs deportivos que compiten no ámbito inferior a nacional, por un importe total de 650.000 euros e que benefician a un total de 576 clubs de 58 concellos da provincia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias