El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

BANCA

ABANCA adhírese aos Principios de Banca Responsable de Nacións Unidas

12-08-2019 12:11:04

ABANCA é signatario fundador dos Principios de Banca Responsable de Nacións Unidas, unha iniciativa que ten como obxectivo aliñar a actuación dos bancos coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas e o Acordo de París sobre o cambio climático. Os Principios foron desenvolvidos pola Iniciativa Financeira do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP FI), xunto cun grupo central de 30 bancos.

Ao adherirse a UNEP FI, as institucións financeiras recoñecen abertamente o seu papel activo na creación dunha economía sustentable e comprométense a integrar as consideracións ambientais e sociais nas súas operacións. Estes principios representan o primeiro marco mundial do sector para incorporar a sustentabilidade tanto en todas as áreas do negocio bancario -desde a estratexia ata a xestión- como nas relacións de todos os directivos e empregados cos seus respectivos grupos de interese . ABANCA adhírese a esta iniciativa no marco da súa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa e intensificará as súas actuacións no ámbito dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e o Acordo sobre o Clima de París. Neste sentido, xa en 2017, ABANCA sumouse á campaña #Companies4SDGs co propósito de enfocar a súa estratexia de responsabilidade social para contribuír a alcanzar as metas establecidas na Axenda 2030. 

“A responsabilidade social corporativa é unha prioridade estratéxica para ABANCA e o noso obxectivo é fomentar sempre accións que sirvan de impulso para a mellora social e o crecemento sustentable e que vaian en consonancia cos dez principios do Pacto Mundial e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable aprobados por Nacións Unidas. Por iso, non dubidamos en sumarnos a esta nova iniciativa de Principios de Banca Responsable que vai en liña co noso modelo de banca responsable e sustentable”, sinala Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Nos últimos meses ABANCA deu un novo impulso á aplicación de criterios de responsabilidade social na súa actividade de negocio e de goberno corporativo. A entidade incorporou prácticas de gobernanza esixidas a sociedades cotizadas e en abril lanzou ao mercado Alpha Responsable, un servizo de xestión de carteiras de fondos de investimento socialmente responsables. Así mesmo, o banco participa en proxectos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC), en proxectos de enerxías renovables Power Purchase Agreement (PPA) en colaboración con grandes empresas, e noutros proxectos verdes enfocados á renovación da frota pesqueira e de mellora da eficiencia enerxética do sector primario. Ademais, a entidade está renovado as súas sedes corporativas e a súa rede de oficinas para facelas enerxeticamente intelixentes e implantou políticas de transporte sustentable e de cero papel. 


Principios de Banca Responsable  

Os Principios de Banca Responsable lanzáronse o 26 de novembro de 2018 en París, impulsados pola UNEP FI e 30 bancos. Tras un período de consulta pública global, e da progresiva adhesión de máis entidades financeiras, a firma definitiva realizarase o 22 de setembro de 2019 na sede de Nacións Unidas en Nova York.

O seis Principios de Banca Responsable definen o compromiso e as responsabilidades do sector financeiro para contribuír a un futuro sustentable, en liña cos ODS e os Acordos de París sobre cambio climático, fixando un estándar mundial sobre o que implica ser un banco responsable.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias