El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

LUGO

A gastronomía lucense acompañará á La Vuelta 2019 cun stand da campaña "...E para comer, Lugo"

20-08-2019 09:13:18

La Vuelta 2019 constituirá unha vez máis “unha gran oportunidade para a difusión da marca Galicia no seu conxunto e de Lugo e da súa provincia en particular” grazas á campaña “...E para comer, Lugo”, que acompañará á caravana instalando un stand con produtos gastronómicos da provincia na saída de cada etapa.

Así o afirmou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na presentación desta iniciativa, na que tamén participou o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), José Francisco Real. Balseiro lembrou que se reedita por oitavo ano consecutivo esta acción de promoción que “é posible grazas ao acordo entre a Xunta, a través da Consellería de Cultura e Turismo, a APEHL e Unipublic, a entidade organizadora da Volta”.

Balseiro quixo destacar a “colaboración fundamental dos produtores do sector agroalimentario, que son os que achegan a materia prima de calidade sobre a que pivota esta acción de difusión”. Grazas a eles, afirmou, “conseguimos nestes anos que milleiros de persoas de practicamente todo o Estado tiveran ocasión de achegarse á nosa gastronomía, ademais da potencial repercusión de estar presentes nunha das probas deportivas máis seguidas no mundo enteiro, que se retransmite en máis de 150 países”. 

A campaña fai un labor de difusión turística da provincia e de promoción comercial dos produtos alimentarios lucenses, “que son fundamentais para a nosa economía e a nosa gastronomía, e envían a mensaxe de calidade que queremos vincular coa nosa identidade e a nosa oferta turística”, asegurou o delegado. 

O presidente da Apehl subliñou que “a promoción da provincia que se está a facer con esta campaña no exterior está sendo un éxito”, e lembrou tamén a colaboración da Asociación de Cociñeiros da Mariña que, ao igual que o ano pasado, participará en varias etapas elaborando distintos pratos e presentacións. 

Os produtores implicados na campaña son: ABSA bonito de Armadores de Burela, AFAPAN (fabricantes de pan), Asoporcel (porco celta), Asovega (cordeiro raza ovella galega) e Avimos (galiña de Mos); os concellos reguladores das denominacións de orixe de Arzúa-Ulloa, queixo do Cebreiro, queixo de tetilla, San Simón da Costa e Ribeira Sacra; os produtos de Indicación Xeográfica Protexida fabas de Lourenza, pementos de Mougán, castañas, grelos, mel e pataca de Galicia; o aceite de Quiroga, gallegas Daveiga, Terneira Suprema e carne de Rubia Galega, e Leite 100% galega. La vuelta





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias