El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | VIVENDA

A Xunta amplía en case un 50% o orzamento do programa de infravivenda

20-08-2019 20:00:22

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), acaba de ampliar o orzamento destinado este ano ao programa de infravivenda, unha liña de axudas específica para facilitar a rehabilitación de inmobles que non reúnan uns requisitos mínimos de habitabilidade e estean emprazados en concellos de menos de 10.000 habitantes. Así se recolle na resolución publicada hoxe no DOG, na que se autoriza un incremento de 90.000 euros na dotación inicial do programa para este ano. 

O pasado 5 de febreiro convocáronse as subvencións do Programa de Infravivenda do Plan RehaVIta -Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020- para o presente exercicio. A dotación da convocatoria era de 200.000 euros pero tendo en conta que o importe das subvencións correspondentes ás solicitudes presentadas superou o previsto inicialmente na convocatoria, considerouse necesario proceder á súa ampliación en case un 50%, ata chegar aos 290.000 euros.

Esta ampliación, en todo caso, non implicará a apertura doutro prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo período para resolver as xa presentadas por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo. 


Requisitos 

Segundo os requisitos que se recollían na convocatoria do Programa de Infravivenda deste ano, o inmoble obxecto da actuación pode ser propiedade dos seus moradores ou do concello, pero en ambos casos a axuda debe solicitala a propia Administración local. 

Así mesmo, os ocupantes das vivendas deben acreditar que os seus ingresos non superan unha vez o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (Iprem) e o inmoble terá que destinarse a solucionar problemas de infravivenda durante un prazo non inferior a cinco anos. O importe da axuda do IGVS equivalerá ao 95 por cento do custo da obra de rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias