El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

SOGAMA

Boas prácticas de Sogama para unha volta ao cole en clave "R"

06-09-2019 16:33:40

CERCEDA | Finalizadas as vacacións de verán, a volta ao cole dos pequenos e mozos da casa supón unha pequena revolución para as familias, pois máis aló de organizar as rutinas diarias e lidiar coa conciliación laboral e persoal, o gasto increméntase de forma exponencial. Uniformes, libros, carteiras, libretas, lapis, bolígrafos e un longo etcétera de material faise necesario para equipar aos nosos fillos e inicien un novo curso académico con garantías. 

Coa pretensión de facer un pouco máis levadío o retorno ás aulas, minimizar o impacto no peto dos fogares e protexer o medio ambiente, é importante a planificación previa e unha avaliación minuciosa das medidas a poñer en marcha, evitando así o uso desmedido de recursos. Pensar en clave “R” constitúe o primeiro mandamento a seguir, toda vez que a redución, a reutilización e a reciclaxe poden resultar de gran axuda. Aquí deixamos uns sinxelos consellos: 
 
.- Revisar armarios e caixóns para aproveitar todo o que poida ter utilidade e, a partir de aí, elaborar unha lista de artigos a adquirir que sexan realmente necesarios.
 
.- Indagar na posibilidade de reutilizar uniformes doutros nenos/as e, de non ser viable, aproveitar as ofertas e descontos. Comparar calidade e prezos.
 
.- Recuperar libros de texto usados. O mercado de segunda man pode resultar de utilidade, dando a oportunidade de adquirilos a prezos moi asequibles.
 
.- Priorizar a compra de material ecolóxico duradeiro, libre de tóxicos e, polo tanto, menos perigoso para os pequenos e máis respectuoso coa contorna.
 
.- Optar polo papel reciclado, bolígrafos recargables e calculadoras solares.
 
.-  Un curso novo non significa mochila nova. Cun pouco de destreza e creatividade, a vella pódese arranxar e modernizar.
 
.- Para a merenda ou tentempié de media mañá, apostar por envoltorios reutilizables, a bolsiña de tea de toda a vida ou ben o tupper.
 
.- Nada mellor que produtos sans para unha alimentación equilibrada. Fóra a bollería industrial e os seus múltiples envases plásticos individuais de usar e tirar.
 
.- Para os desprazamentos,  prescindir do coche particular sempre que sexa posible. Camiñar, utilizar o transporte público ou compartir vehículo con outras familias constitúen as mellores alternativas.
 
.- E que non falte a práctica dos tres erres en todo momento (reducir, reutilizar e reciclar).
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias