El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación destina 371.000 euros para apoiar a clubs e entidades deportivas da provincia

10-09-2019 16:59:20

A CORUÑA | A Deputación da Coruña destina este ano 370.986,98 euros para apoiar a 98 clubs e entidades de distintas disciplinas deportivas da provincia a mellora as súas infraestruturas e equipamentos.  

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión provisional desta liña de subvencións coas que a área de Deportes da institución provincial financia diversas obras de construción de novas infraestruturas,  mellora das existentes e dotación de equipamentos deportivos a preto dun centenar de clubes da provincia, con axudas que oscilan entre os 1.000 e os 17.500 euros.  

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou a importancia do programa “para atender as necesidades dun centenar de entidades deportivas da provincia da Coruña e dotalas dos medios adecuados para desenvolver a súa actividade, fundamental na promoción do deporte de base”, afirmou.  

Con esta importante liña de subvencións, a Deputación colabora coas entidades en cuestión que van dende a adquisión de material de adestramento e competición até a compra de embarcacións e vehículos, pasando por obras de rehabilitación e reforma de instalacións deportivas.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias