El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | O LUNS 16

A Deputación abre a inscripción para as "Deporte Escolas"

13-09-2019 11:58:55

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que o vindeiro luns 16 abrirase o prazo para inscribirse nas “DEPOrte Escolas” 2019/2020, “o programa deportivo gratuíto da institución, do que o ano pasado gozaron máis de 10.000 nenos e nenas, que permite este curso que en ata 51 concellos da provincia haxa escolas deportivas, en moitos casos, as únicas que hai nos concellos”.

“DEPOrte Escolas” é o programa deportivo da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva de nenas e nenos en idade escolar. Silva subliñou que “grazas a este proxecto as nenas e nenos da provincia, vivan onde vivan, poden ter os mesmos dereitos” e engadiu que “o deporte é unha actividade que se está a converter nun servizo fundamental e nun dereito, nós temos moi claro de que a nosa aposta polas "DEPOrte Escolas" é unha aposta por garantir a igualdade de oportunidades para todas as nenas e os nenos da provincia e porque haxa servizos que satisfagan as demandas da cidadanía en todo o territorio”.

Para este curso 2019/2020 os deportes que ofertará de maneira totalmente gratuíta a Deputación son: atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo. A actividade arrancará a partir do 7 de outubro.A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Para rematar, Carmela Silva puntualizou que “desde que chegamos ao Goberno as escolas deportivas teñen un principio básico que é a equidade. Todo regúlase con bases e criterios obxectivos. Non hai escolas deportivas que teñan máis apoio en función do concello onde estea, é dicir, damos un trato igualitario a toda a provincia”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias