El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

GALICIA | CASO R

A Deputación da Coruña apoia que R e as súas empresas auxiliares sigan prestando servizo desde Galicia

13-09-2019 16:54:52

A CORUÑA | O pleno da Deputación aprobou unha moción presentada polo BNG e o PSOE no que se mostra o apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores das empresas auxiliares que prestan servizos de operación e mantemento de rede e atención ao cliente de R Cable, para que os servizos continúen a ser prestados desde o territorio galego, garantindo tamén que a atención ao cliente se faga na nosa lingua. O pleno aprobou tamén outra declaración institucional encamiñada a apoiar a #EmerxenciaFeminista do 20 de setembro. 

A Deputación da Coruña dirixirase, como consta no texto da moción aprobada, a R Cable e Euskaltel para que inicien un proceso de negociación co persoal de cara a acadar unha solución.   A iniciativa está motivada polo recente acordo polo que Euskaltel formaliza a entrega á empresa chinesa ZTE dos servizos de operación e mentemento da rede que até o momento prestaban no territorio galego compañías como Comfica, Colabora, Indra ou Plexus sen a subrogación do persoal ánova adxudicataria nin garantir novas contratacións na nosa terra.
 
Neste proceso, a consecuencia directa é a perda de 18 postos de traballo da empresa Comfica e o anuncio da redución de persoal en Indra cunha perda de emprego que afecta tamén a outros servizos como enxeñería e desenvolvemento ou atención telefónica que Euskaltel está a levar fóra do territorio galego.
 

Apoio institucional á #EmerxenciaFeminista do día 20 de setembro  

A Deputación aprobou tamén por unanimidade apoiar a campaña #EmerxenciaFeminista e as accións prevista para o día 20 de setembro promovida polo movemento feminista galego, iluminando nesa xornada da fachada da sede institucional de cor violeta e compromiso dunha acción política activa pola igualdade son os principais contidos da declaración institucional que se aprobou no pleno de hoxe.  

Na iniciativa, a Deputación comprométese a apoiar a campaña, a iluminar de cor violeta a fachada do edificio institucional como mostra de compromiso na loita contra a violencia machista e tamén a implementar novas medidas e programas que impulsen a igualdade de xénero e loiten contra o feminicidio.  

O texto aprobado no pleno da Deputación inicia a explicación da emerxencia da mobilización polos acontecementos do que cualifican como "verán negro" o de 2019 co asasinato dunha muller cada dous días ademais doutros feitos que mostran a intensidade da violencia contra as mulleres entre os que se atopan, concursos sexistas, denuncias de agresións en festas e festivais, acosos e agresións en manada... Por todo isto define a situación de "insoportábel" e reclama unha maior implicación institucional.  

Neste sentido, a moción inclúe tamén a solicitude ao goberno da Xunta do incremento dos recursos económicos destinados a loitar contra a violencia machista nos vindeiros orzamentos e ao Goberno Central a demanda de incremento de contías económicas destinadas á administración local no Pacto de Estado para os vindeiros exercicios orzamentarios.   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias