El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

A Xunta solicita ao Parlamento fixar en setembro o Debate do Estado da Autonomía

14-09-2019 12:34:33
Parlamento galego.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de solicitar ao Parlamento galego, en nome da Xunta de Galicia, que a celebración do debate de política xeral teña lugar nunha sesión plenaria deste mes de setembro.

A Xunta cumpre así co establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, onde no artigo 48 se establece que o Goberno galego solicitará anualmente ao Parlamento a celebración dun debate de política xeral, ao comezo dun dos períodos ordinarios de sesións. 

A petición xa foi rexistrada na Cámara galega. A sesión, como vén sendo habitual, tería como punto único da orde do día a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para informar e debater respecto da situación política da Comunidade Autónoma de Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias