El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

FÚTBOL | CASO FUENLABRADA

Inés Rey trasladará á Fiscalía que se ocupe da denuncia do Goberno contra Tebas e o Fuenlabrada

10-09-2020 17:36:27

A CORUÑA | A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que trasladará á Fiscalía de Madrid todas as accións xudiciais emprendidas polo Concello no caso Fuenlabrada. "Iremos até o final para que se depuren todas as responsabilidades”, sinalou a rexedora para quen “ninguén está por riba dos protocolos sanitarios poñendo en risco a toda unha cidade”. A unidade mostrada pola Corporación, dixo Rey, serve como exemplo de que a pesar das diferenzas políticas “a Corporación está ao lado do Deportivo, da xustiza, e da dignidade de toda unha cidade”.

A rexedora fixo estas declaracións durante a lectura dunha declaración institucional pactada por todos os grupos políticos en que a Corporación manifestou a súa unidade na defensa dos intereses do Deportivo e expresou o seu recoñecemento cara ao Deportivo e o seu apoio a todas as accións e medidas que adopte o consello de administración e a súa solidaridade co capitán deportivista Álex Bergantiños. Tamén expresou o seu rexeitamento á actitude hostil mostrada pola Liga de Fútbol Profesional co RCD e apoiará todas as accións legais que impulse o Deportivo por todo o acontecido. Ademais, esixirá á LFP a reparación dos danos que na imaxe da cidade causou a viaxe do F.C. Fuenlabrada; unha viaxe que tivo graves consecuencias económicas polo impacto no turismo.

A Corporación pediu a dimisión da presidenta do Consello Superior de Deportes, Irene Lozano a quen considera cómplice dos incumprimentos da LPF e da SD Fuenlabrada, e a reprobación e inhabilitación de Javier Tebas como presidente da LFP polos seus comentarios despectivos sobre o RCD. Tamén esixe ao delegado do Goberno, Javier Losada, que rectifique a súa declaración en que apoiaba a actuación do Consello Superior de Deportes. E, por último, o Pleno reafirmou o seu compromiso coa saúde pública e agradeceulle publicamente á cidadanía o seu comportamento nesta crise.

Pola súa banda, o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, manifestou a súa satisfacción porque unha vez máis “o Pleno amosou unidade ao facer fronte a unha situación que afecta a toda a cidade” e sinalou que “a veciñanza non entendería que ningún grupo quixese quedarse fóra da declaración”. Para Lage, ninguén dubida de que se hai alguén que defenda a cidade por encima de intereses partidarios é Inés Rey. “Na defensa do Deportivo deberíamos estar todas e todo”, apuntou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias