El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CASO ALCOA

PP e PSOE votan en contra da intervención pública de Alcoa

11-09-2020 15:15:09

MADRID | Os deputados e deputadas galegas do Partido Popular e do Partido Socialista votaron este xoves en contra da moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego para dar solución á crise industrial da Galiza, concretamente, no primeiro punto no que se aposta, no caso de fracasar a negociación para a venda da empresa, pola intervención pública para a nacionalización da planta de aluminio de forma que se garanta a continuidade da actividade e dos postos de traballo. 

O BNG advirte que de non se lograr un acordo para a venda de Alcoa, a falta dunha alternativa como a intervención pública, provocará o peche da factoría o que suporá unha catástrofe económica e social para toda a comarca. “Non entendemos como o Goberno español non aposta pola nacionalización da factoría, que xa no seu día foi pública e que nunca debeu ser privatizada, asegurando así, os postos de traballo e o futuro económico do principal motor económico na Mariña” salientou o deputado Néstor Rego. Durante a súa intervención, Rego volveu lembrar que “nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa”, e que polo tanto, esta solución só precisa da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira.
 
O BNG conseguiu que o pleno do Congreso aprobase a proposta para garantir que a transición ecolóxica se faga con xustiza social prevendo investimentos e estabelecendo plans de substitución económica para a comarca das Pontes e o concello de Cerceda. Trátase de sentar as bases para concertar unha Transición Xusta que realmente supoñan a reactivación económica e a creación de postos de traballo que permitan recuperar o dinamismo destes dous concellos, posibilitando un futuro para os seus habitantes que non os aboque ao paro ou á emigración.
 
Rego destacou que “é imprescindíbel a posta en marcha de Plans de Transición Xusta para as centrais térmicas na Galiza”, así como a urxente articulación de compensacións e proxectos que palíen as consecuencias negativas no ámbito económico e social. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias