El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

CASO ALCOA | BNG

Ana Pontón: "A solución para manter o emprego na Mariña é a nacionalización de Alcoa"

05-10-2020 16:23:00

A portavoz parlamentar Ana Pontón trasladou o apoio e a solidariedade do BNG aos traballadores e traballadoras de Alcoa e a toda a comarca da Mariña “que están nun momento decisivo”. En San Cibrao, xunto cunha delegación do BNG, insistiu en que a solución para manter o emprego é a intervención pública de Alcoa. En declaracións aos medios durante a visita, expresou que a multinacional xa demostrou nos últimos tempos que “a súa folla de ruta é moi clara, que o seu plan é pechar esta factoría única e exclusivamente por decisións empresariais”. Así, emprazou o Goberno galego e o Goberno español a estar á altura, “porque teñen na súa man manter o emprego e a actividade”.

“A solución é moi clara, como defendeu o BNG nos últimos meses: unha intervención pública, unha nacionalización, que garanta que as cubas non pechan e que a comarca vai seguir tendo futuro”, afirmou Ana Pontón. Así, reclamoulle a Sánchez e a Feijóo “que deixen de esconderse e dean a cara, que se poñan á altura do que demanda esta comarca que é a nacionalización de Alcoa”. Segundo explicou, os gobernos están parados desde hai unha semana despois de que a multinacional detivo a oferta de compra. Para o BNG, está claro que Alcoa está nunha posición onde quere consumar o seu propósito de paralizar esta planta, cando o que lle interesa aos galegos e galegas é seguir a producir e manter a industria, porque isto é vital nunha comarca como a da Mariña, sinalou.

Así, anunciou que este mércores o BNG vai formularlle unha pregunta ao presidente da Xunta no Pleno do Parlamento “para reclamarlle un compromiso, porque xa non é o momento das palabras; é o momento dos feitos”, afirmou. “Ese compromiso debe ser a nacionalización de Alcoa para garantir o emprego e o futuro”, engadiu.

“Desde o BNG imos facer toda a presión institucional necesaria para que isto sexa así porque é evidente que non se pode permitir que os gobernos non actúen coa contundencia que esixe un momento crítico coma este, pois son máis de 1.000 empregos directos e o futuro dunha comarca, nun momento de crise derivado da covid onde non se pode permitir que peche a industria que temos no país, porque sen industria non hai futuro”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias