El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
José Manuel López García
Deportes

CICLISMO GALEGO

Cole Davis vence na apertura da Volta Ciclista á provincia da Coruña en Ortigueira

27-05-2022 20:05:45
Volta ciclista en Ortigueira.

REDACCIÓN | Acábanse os cualificativos para definir o que está a facer o estadounidense Cole Davis. Desde a súa chegada ao Vigo-Rías Baixas levaba catro podios en cinco carreiras disputadas, con triunfo incluído en Betanzos. Pois ben, este venres no arranque da  XIX Volta Ciclista á provincia dá Coruña, o americano adiantouse nos quilómetros finais ao reducido grupo de favoritos para levantar os brazos en solitario en Ortigueira e ser o primeiro líder da rolda galega.

A pesar do terreo sinuoso coa subida de inicio ao alto de Cruz Encarnada, e as diferentes costas camiño de Valdoviño, foi imposible polo ritmo elevado que levou en todo momento que algún intento de escapada lograse frutificar. Precisamente sería ao deixar atrás esta localidade de Valdoviño cando un grupo moi numeroso de 24 ciclistas fuxía da orde do gran grupo. 

Nomes de moito nivel os que lograban meterse nesa avanzada como Errazquin (Padronés-Cortizo),  Tiago Lopes (Bicicletas Rodríguez-Extremadura), Álvaro Carasa (Vigo-Rías Baixas), Raúl Casalderrey (Froiz), Louis Sutton (Brocar- ALÉ), Teruel (Tenerife  BikePoint-Pizzería Española), Rodríguez (Bicicletas Carlos-Globalia Zamora Enamora),  Sanò (Drone  Hopper- Gsport), Lucas Simoes (Caja Rural- Alea), Jhonny Millán (Previley- Maglia), ou Álvaro García (Telco' m-ON Clima-Osès), que chegaron a contar con máis de 3 minutos ao seu favor. 

No ecuador da xornada, a carreira volvíase tola e o Vigo-Rías Baixas tomaba as rendas do paquete principal, limando enormemente a vantaxe, para case neutralizar aos de punta no arranque de Serra da  Coriscada, última dificultade do día. Aí, emerxía a figura de David Delgado (Bicicletas Rodríguez-Extremadura) que completaba unha sensacional subida, saltando desde atrás para pasar a todos os fuxidos e plantarse en solitario na cima do porto a 30 quilómetros de meta. 

O estremeño atopábase cun forte vento de fronte no descenso e vía como era difícil facer camiño, polo que decidía esperar ao resto de favoritos, conformando unha nova cabeza de carreira con 30 unidades, facendo pensar que entre eles xogaríanse a gloria ao sprint. 


Ataque definitivo  

Nada máis lonxe da realidade, xa que a 10 quilómetros saltaba Iñigo González (Padronés-Cortizo), contactando pouco despois Sergio Jiménez (Brocar- ALÉ) e o vitorioso Davis. O do Vigo-Rías Baixas aproveitaba a última costa a 3 quilómetros de meta para remachar aos seus rivais e acabar alcanzando a liña de chegada sen compañía. A 10" chegaba o grupo perseguidor con José Autrán (Supermercados Froiz) e Natxo González (Caja Rural- Alea), segundo e terceiro respectivamente. 

A cerimonia de podio en Ortigueira contou coa distinguida presenza do alcalde da vila Juan Penavad, o concelleiro de Turimo Juan Cao, ademais de José Vicente Aguiar en representación da Pena Ciclista Santa Marta de Ortigueira, María Mera, Begoña Carro e Sandra Blanco, da Asociación de Comerciantes de Ortigueira, e de Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego. Nese podio, os nomes propios ademais do gañador e líder Cole Davis, vestindo o amarelo da  Deputación da Coruña, serían os da dupla do Drone  Hopper-Gsport-Grupo Innova Tormo formada por Simone Sanò e  Francesc Bennassar, xa que o primeiro se  enfundaba a camisola de líder da montaña-Concello Pobra do Caramiñal e o segundo a das Metas Volantes-Concello da Laracha. O mellor  sub-23-Concello de Ortigueira sería Natxo González e o primeiro galego-Concello de Cerceda Raúl Casalderrey (Supermercados Froiz). 

O segundo día da rolda coruñesa vivirase este sábado no Concello da Laracha, cun percorrido moi sinuoso de 141 quilómetros, pasando por dúas cotas que repartirán puntos para a Montaña, aínda que unha infinidade de costas, que farán que a proba teña moita emoción ata o final. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias