El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación despide Fitur exhibindo o potencial da Reserva da Biosfera As Mariñas, a Costa da Morte e o Xeoparque Cabo Ortegal

26-01-2024 18:21:40
Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación.

REDACCIÓN | Finaliza unha nova edición de Fitur, onde a Deputación defendeu a súa estratexia baseada na sustentabilidade social, económica e medioambiental. Durante a xornada de hoxe, o vicepresidente amosou o proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal nunha presentación sobre os xeoparques mundiais da UNESCO en Galicia, suliñando que “no 2023 converteuse en Xeoparque da UNESCO, acadando un fito destacado, co que a comarca do Ortegal pasará a ser unha das localizacións de referencia en materia xeolóxica, co impulso turístico, económico e social que isto supón, ademais de todas as oportunidades de emprendemento que se abren”.  

“Os xeoparques axúdannos a atopar espazos de diferenciación, nos que se valora a calidade, e que atraen a ese perfil de turista que buscamos”, apuntou. “O Ortegal é xeoloxía, pero tamén cultura, paisaxes, autenticidade e tradición. E o Xeoparque é un excelente exemplo de cooperación entre municipios moi pequenos da costa, que con apoio de institucions como a Deputación, conseguieron converter a súa riqueza nun producto de gran relevancia para o país”. 


Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Costa da Morte  

Outro dos proxectos que Regueira aplaudiu ao “encaixar á perfección coa estratexia de turismo da Deputación” é a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, “un exemplo de boa xestión”, sendo quen de “organizar un novo produto cun gran valor ecolóxico”. Do mesmo xeito que a Costa da Morte, nunha presentación da CMAT e onde o vicepresidente resaltou a gran variedade de opcións que ofrece este territorio, “que se debe desfrutar con cariño, e respetar para deixalo nas mellores condicións pensando nas xeracións futuras”. Tamén invitou a coñecelo “nos meses con R, non so no verán”, apoiando a aposta da entidade para desestacionalizar o turismo da zona. 


Balance positivo da Deputación en Fitur  

Remata deste xeito a terceira xornada na que a Deputación estivo presente, amosando o valor turístico e patrimonial de todo o territorio da provincia a través dun turismo de futuro, que ten como eixo fundamental a sustentabilidade, dende un punto de vista reflexivo. Durante os tres días puxo sobre a mesa os puntos fortes da provincia, destacando os cinco plans de sustentabilidade en destino que impulsa, que son os da Vía Verde, o Xeoparque Cabo Ortegal, os Fogóns de Anllóns, Ferrol e o patrimonio militar da Costa Ártabra e As Fragas do Eume, facendo moito fincapé na importancia da protección do medio natural, a creación de riqueza local e en manter a autenticidade como aspectos de diferenciación e de calidade. 


Próxima parada: Madrid Fusión  

Tras Fitur, turismo da Deputación continuará promocionando a sua proposta turística en Madrid Fusión do 29 ao 31 de xaneiro no pavillón 14 de IFEMA, onde expoñerá a súa marca turística e gastronómica “A Provincia que sabe”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias