El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

A CORUÑA

Toni Silva recibe o LXXXIII Premio Pérez Lugín da Asociación da Prensa da Coruña

26-01-2024 22:38:09
Toni Silva (1i).

REDACCIÓN | A presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Vázquez, entregou hoxe o premio da LXXXIII edición do premio Pérez Lugín a Toni Silva polo seu traballo “Crónicas dende o móbil: o xornalismo do século XXI”. No acto, celebrado no salón de sesións do Concello da Coruña, estivo presidido pola alcal- desa da cidade, Inés Rey.  

Durante o acto de entrega a presidenta da Asociación da Prensa da Coruña, Doda Váz- quez, destacou que “este premio xa é un dos máis antigos de España”, ao tempo que lembrou que nesta edición tiña o móbil como referente é sobre isto dixo: “Ha transfor- mado profundamente a vida dos xornalistas pero se hai unha profesión que vive perma- nentemente no arame da dúbida e do cambio constante es precisamente a nosa, na que, cando a páxina esta lista ou enviada, as veces hai que cambiala unha vez máis. Nestes tempos nos que a inmediatez choca coa verificación, a primicia co posicionamento e o traballo diario coa tiranía de Google, aparecen novos desafíos como a intelixencia artifi- cial. Non sei como serán os vindeiros 120 anos, pero seguro que haberá algún xornalista para que o conte”.    


O gañador  

Toni Silva, xornalista de La Voz de Galicia desde hai case tres décadas, presentou o seu escrito baixo o pseudónimo Aureliano de Beruete, e ao longo de 914 palabras desenvolve unha día de traballo dun xornalista nun suceso. Un texto no que destaca a incidencia das novas tecnoloxías na evolución da transmisión de información e na achega de datos, re- flectindo como o móbil mudou a forma de desenvolver o xornalismo na actualidade. 

Toni Silva destacou: “É un orgullo formar parta da lista de xornalistas aos que admiro, e recibir o recoñecemento dos teus compañeiros de profesión” ao que engadiu que “Agra- dézolle públicamente ao xurado deste premio haber seleccionado o meu artigo e ao Con- cello da Coruña por continuar apoiando un dos certames decanos de España”.Na edición de 2023 o móbil foi a temática seleccionada en coincidencia co 50 aniversario da aparición deste aparato que ten mudado o xeito de traballar dos xornalistas nos últimos anos.  

En torno a isto presentáronse 16 traballos, procedentes de diversos puntos da xeografía española, que foron sometidos o pasado mes de decembro ao xurado, composto pola di- rectiva da Asociación da Prensa da Coruña, Eduardo Eiroa, como representante do Con- cello da Coruña, e Xavier Lama, gañador da pasada edición.  


Historial do Pérez Lugín  

En 2023 o Premio Pérez Lugín alcanzou a súa edición número 83. En 1936, a viúva do xenial escritor da Casa da Troya creou unha fundación co nome do seu marido, dotándoa dun capital, depositado no Banco Pastor, con cuxos intereses debería concederse o pre- mio, segundo rezaba textualmente “ao mellor traballo literario que se presente sobre un tema de Galicia enxalzando a mesma”. Posteriormente, no 1941, creouse o premio e o ganador da primeira edición foi Eduardo Pérez Hervada. Desde entón, obtivérono desta- cados xornalistas e escritores. A listaxe inclúe a Ezequiel Pérez Montes (1963), Emilio Quesada (1964) ou Ángel Padín (1999).  

Nos últimos anos, os gañadores foron Rodri Suárez (2019), Suso Martínez (2020), Javier Quintana (en 2021, aínda que tamén o gañou en 2009) e Xavier Lama (2022).A primeira muller galardoada co Pérez Lugín foi Mercedes Modroño (1989), á que suce- deron Cristina Amenedo (1995), Lola Roel (1996) e María del Rosario Martínez Martínez (2007). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias