El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Turismo da Deputación saca músculo en Madrid Fusión cunha programación propia de máis de 30 actividades

27-01-2024 11:55:28
Xosé Regueira (3i), en Fitur.

REDACCIÓN | Turismo da Deputacón volve viaxar a Madrid, esta vez para levar a Madrid Fusión a súa marca turística e gastronómica “A provincia que sabe” durante os días 29, 30 e 31. Faino cunha ambiciosa programación propia formada por máis de 30 actividades entre as que se atopan showcookings con chefs de primeiro nivel, degustacións e mostras da man de produtores locais, charlas e talleres, exposicións, e a súa xa recoñecida exhibición do tradicional ritual da queimada. 


Chefs de primeiro nivel  

Durante estes tres días, a entidade provincial estará representando nesta feira gastronómica os diferentes xeodestinos da provincia a través da súa cociña e os seus produtos. Así, restaurantes como As Garzas, Pementa Rosa, Terra de Fisterra e Balarés (Costa da Morte); A Maceta (Terras de Santiago); Sinxelo de Ferrol (Ferrolterra), e a Artesa da Moza Crecha (As Mariñas) exhibirán o seu bo facer a través de showcookings protagonizados por produtos de proximidade, caracterizados pola sua vinculación co seu territorio. 


Productores de proximidade 

Os productores amosarán tamén o seu traballo, fiel á súa orixe: A Castrexa; Os Biosbardos; Cafés Aruba; Xearte Brigitte; Choiva Viños; San Isidro Bakery; Vermú Lodeiros; Bonilla a la Vista; Adega entre os ríos; a Despensa de Lujo ou Costumes empanadas de Galicia son algúns dos expositores que participarán no stand da Deputación en Madrid Fusion. 

Con esta programación Turismo da Deputación aposta por unha “oferta variada e diversa de actividades, como o é a nosa provincia”, sinalou o vicepresidente e deputado de turismo Xosé Regueira. “Ademais de exhibir a nosa riqueza gastronómica e cultural, queremos contribuir a poñer en valor o gran traballo dos nosos profesionais, tanto da cociña como do sector agroalimentario, nun foro tan relevante como é Madrid Fusión”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias