El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Internacional

POLÍTICA | BNG

Ana Miranda denuncia na Eurocámara o xenocidio do Pobo palestino e a suspensión das axudas á UNRWA

30-01-2024 16:32:11
Ana Miranda (1d), eurodeputada do BNG.

REDACCIÓN | Nunha rolda de prensa no Parlamento Europeo xunto ao xornalista palestino Omar Karem, -que leva un mes en folga de fame-, e eurodeputadas de Verdes-ALE e The Left, Ana Miranda denunciou o xenocidio ao que Israel somete ao Pobo palestino, coa complicidade de Europa, así como a suspensión de axudas á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA).  

“Facendo fincapé na necesidade de respectar os principios dos dereitos humanos e a Convención de Xenebra, especialmente no que respecta á protección dos civís en tempos de guerra, Omar está en folga de fame indefinida aquí en Bruxelas, como demanda a un chamamento claro a un alto o fogo”, explicou a eurodeputada do Bloque na comparecencia, na que tamén participaron Lydie Massard, Idoia Villanueva e Miguel Urbán, co obxectivo de denunciar asemade a situación dos xornalistas palestinos en Gaza. 

A eurodeputada nacionalista detallou as cifras que dan conta do sufrimento do Pobo palestino: 26.000 persoas asasinadas, máis de 63.740 persoas feridas, máis de 360.000 vivendas destruídas ou danadas, ademais de outras infraestruturas civís atacadas, e aproximadamente 1,9 millóns de persoas desprazadas pola forza. Tendo en conta estes datos, Miranda considera que “??están sufrindo unha catástrofe humanitaria, que inclúe fame e propagación de enfermidades”.   


Desastre humanitario  

Segundo considerou a eurodeputada do Bloque, a este “desastre humanitario en Gaza” súmase a suspensión temporal de financiación por parte de varios Estados contra a UNRWA en resposta ás acusacións de Israel, “a potencia ocupante”, o cal ao seu xuízo supón “outro castigo”, que podería afectar a asistencia dos habitantes de Gaza para acceder a servizos esenciais de saúde, auga e alimentos. 

“Israel leva anos intentando desacreditar e desmantelar a UNRWA”, acusou Ana Miranda, quen sinalou que o principal obxectivo de Israel é “negar a cuestión dos refuxiados palestinos e os dereitos inalienables dos refuxiados, incluído o seu dereito a regresar”. Por iso que defendeu que a comunidade internacional “non pode actuar unilateralmente e sen unha investigación dos feitos”. “Rexeitamos calquera acción sen unha investigación axeitada que socave os dereitos e as vidas dos refuxiados palestinos”, engadiu.  

Por outro lado mencionou á Orde da Corte Internacional de Xustiza (CIJ) dando resposta á solicitude de Sudáfrica, que emite medidas provisionais de conformidade coas obrigas de Israel en virtude da Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio de 1948, que esixe que Israel "tome todas as medidas que estean ao seu alcance". “Israel debe garantir que o seu exército non cometa ningún acto xenocida en Gaza”, subliñou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias