El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

NORTE CINEMA DIVERSO

A brasileira Um caroço de Abacate, premio Marieta á mellor curtametraxe do II Norte Cinema Diverso da Coruña

02-03-2024 21:35:09

REDACCIÓN | A segunda edición do festival Norte Cinema Diverso botou o pano coa entrega do premio Marieta á mellor das 14 curtametraxes presentadas ao certame. O xurado, formado por membros do colectivo LGTBIQ+, xornalistas, representantes da Academia Galega do Audiovisual e do sector cultural da cidade, decidiu outorgar o zoco da diversidade realizado por Elena Ferro á curtametraxe portuguesa Um caroço de Abacate ”por presentar unha historia que engancha desde o principio, cunha calidade técnica e actoral inmellorable.  

”Un caroço de Abacate é unha película portuguesa que narra o encontro, unha noite en Lisboa, entre unha muller trans e un home cis. O seu director é Ary Zara e está protagonizado pola actriz trans Gaya de Medeiros e o actor Ivo Canelas. Figurou na lista de 15 precandidatas ao Oscar 2024 á mellor curtametraxe.  

Ademáis, o xurado do premio Marieta, patrocinado polas adegas Martin Codax, concedeu dúas mencións especiais a Antes de la Erupción, del director canario Roberto Pérez Toledo, “por presentar unha curtametraxe bonita e moi ben tratada, cunha sensibilidade especial que traspasa da pantalla ao espectador” e a O coidado, do coruñés Miguel Canalejo, recoñecida “pola sua orixinalidade, con moi boas actuacións e técnicamente impecable. 

”O II Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, despediu tres días de proxeccións no Teatro Colón nos que se pudieron ver 4 longametraxes e 14 curtametraxes.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias