El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación contribúe á recuperación do sistema dunar de Samil con máis de 1,5 millóns de euros

25-03-2024 16:25:16
Luisa Sánchez (d).

REDACCIÓN | A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe en Vigo ao acto de colocación da primeira pedra do proxecto de recuperación do sistema dunar de Samil, que se celebrou fronte á pista de aeromodelismo de Samil. Este ambicioso proxecto, que está dotado cun total de 2,3 millóns de euros, conta cunha achega por parte da institución provincial de 1,5 millóns de euros. 

Esta actuación enmárcase nun convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo polo que a institución provincial achega preto de 10,8 millóns de euros para posibilitar, ademais da recuperación do sistema dunar de Samil, distintas humanizacións e melloras da accesibilidade peonil, actuacións do programa “Vigo Vertical”, a mellora de firmes en vías municipais e a cubrición do patio do CEIP Plurilingüe Javier Sensat. 

A actual fase (Fase 1) inclúe o retranqueo do paseo actual entre 15 e 27 metros nunha lonxitude de 250 metros (o que implica a recuperación de 5.000 m2 do sistema), a demolición de 170 metros do paseo soterrado baixo a duna (co que se recuperarán outros 1080 m2) e dos restaurantes e cafeterías sobre a duna, a creación dun novo paseo peonil de 12 metros de ancho e 250 de lonxitude adaptado ao perfil natural da praia, a creación dunha praza, a mellora da accesibilidade do paseo, a creación dunha senda no piñeiral, a humanización da Avenida de Samil no tramo paralelo á actuación e a substitución de especies arbóreas foráneas por piñeiros do país. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias